Emprego Galicia é a estrutura pública dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia desde a que se organizan e prestan todos os servizos e funcións no ámbito das Políticas Activas de Emprego, dentro do territorio de Galicia.

Logotipo Emprego Galicia

As Políticas Activas de Emprego son o conxunto de actuacións desenvolvidas no ámbito da orientación laboral, da mellora da capacitación das persoas demandantes e traballadoras mediante a formación e o recoñecemento da experiencia profesional, poñendo a súa disposición actividades que lles axuden a mellorar a súa intermediación laboral, a aumentar as posibilidades de acceder ao emprego ou a adaptar e actualizar os seus coñecementos e habilidades.

Achegar un servizo público

Emprego Galicia presta servizos relacionados co emprego tanto a persoas demandantes coma a persoas ou organizacións ofertantes que buscan cubrir unha vacante en calquera posto de traballo, dende diversas perspectivas.

Dende Emprego Galicia axudámosche:

  • Se demandas emprego

  • Se xa estás a traballar pero queres mellorar a túa ocupación

  • Se aínda non demandas emprego pero queres mellorar a túa cualificación

  • Se che piden a inscrición para acceder a prestacións de carácter social

  • Se ofertas emprego e buscas persoas traballadoras

Emprego Galicia para as persoas demandantesEmprego Galicia para as empresas

Próximo e por distintas canles

A todos estes servizos se pode acceder de forma presencial, a través:

Da rede de Oficinas de Emprego da Xunta de Galicia

Buscador de centros

 

Da Oficina Virtual 

Oficina Virtual

Ou da aplicación para dispositivos móbiles Mobem

Aplicación Mobem

Nesa liña, Emprego Galicia ten asumido un proceso de mellora continua co obxectivo principal de ser de máxima utilidade para o conxunto de poboación (demandante e empregadora) coa que interactúa día a día, achegando un servizo de valor e calidade.

Ese esforzado proceso, tense reflectido durante o ano 2025, segundo os datos extraídos das enquisas de satisfacción realizadas a 21.555 persoas no conxunto das 53 oficinas de Emprego, confirmando a labor de calidade e de servizo público perseguido, tal e como se pode observar a continuación:

  • Destas 21.555 persoas que teñen completado a enquisa de satisfacción, 18.105 persoas manifestaron que acudiron a unha oficina de Emprego da Xunta de Galicia nos últimos 12 meses, declarando un 90% delas (un 90,38 %) unha satisfacción de 7 ou máis, dentro dun limiar de entre 1 e 10.

Enquisa 2025

  • Do mesmo xeito, desas 18.105 persoas que acudiron a unha oficina de emprego, un 88,30 % (15.986) valoraron as instalacións e a facilidade de acceso a elas de 7 ou máis, dentro do limiar de 1 a 10.

Enquisa 2025

  • Outro aspecto a destacar, grazas tamén ao esforzo constante e intenso que se está a promover desde Emprego Galicia, é a valoración que se fai dos servizos que se prestan a través da Internet. Deste xeito, das 21.555 persoas que cubriron a enquisa, 13.816 (un 64,10 %) declararon coñecelos e úsalos, sendo só o 9,62 % (2.073 persoas) a porcentaxe de persoas que non os coñecen, chamando tamén a seguir avanzando na achega de novos e adicionais servizos por estas canles.

Enquisa 2025

  • Nesa mesma liña, as 13.816 persoas que teñen manifestado coñecer os servizos que Emprego Galicia presta a través da Internet, 11.405 (un 82,55 %) os valoran entre 7 ou máis, nun limiar de 1 a 10.

Enquisa 2025

  • E por último, servindo como colofón a uns resultados que empuxan máis a potenciar a motivación de toda a organización de Emprego Galicia para seguir avanzando como servizo público, resaltar que 17.912 persoas das referidas 21.555 persoas que acudiron a unha oficina nos últimos 12 meses e que responderon á valoración global da súa satisfacción coa experiencia que tiveron con Emprego Galicia, o 84,19 % a puntuaron cun 7 ou máis, nun limiar de entre 1 e 10.

Enquisa 2025