As axencias de colocación

As axencias de colocación son entidades, xa sexan de carácter público ou privado, que realizan actividades cuxa finalidade é a de inserir laboralmente a persoas desempregadas, para o que valoran o seu perfil, as súas aptitudes e os seus coñecementos, podendo ademais completar estas actuacións realizando accións de información, orientación, busca de emprego ou selección de persoal.

Se queres ampliar a información sobre os requisitos das axencias de colocación, a súa regulación ou o seu funcionamento, no seguinte enlace tes a versión consolidada do Real decreto 1796/2010, do 30 de decembro, polo que se regulan as axencias de colocación:

Real Decreto 1796/2010

Dada a consideración da intermediación laboral como servizo de carácter público, as persoas físicas ou xurídicas que desexen actuar como axencias de colocación deberán obter autorización do Servizo Público de Emprego correspondente, mediante a presentación dunha declaración responsable.

No seguinte documento defínese o criterio para a presentación da declaración responsable previa ao inicio de actividade como axencia de colocación e para as xestións posteriores, tal e como foi aprobado a nivel estatal:

Criterios de presentación Axencias privadas de colocación

A autorización será única e terá validez para xestionar ofertas de traballo e solicitudes de emprego de todo o territorio español.

O procedemento para remitir a dita declaración responsable na Comunidade Autónoma de Galicia é o seguinte:

1. Realizar a solicitude de xeito telemático a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante procedemento PR004A. No formulario de solicitude a entidade solicitante deberá:

a. Especificar un medio de notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia - Notifica.gal

b. No campo "Destinatario" elixir: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.

2. Achegar, xunto a dita solicitude, o seguinte modelo de declaración responsable debidademente cuberto e asinado electronicamente pola persoa responsable da entidade.

Modelo de declaración responsable:

Declaración responsable Axencias de colocación

Ademais, se xa es unha axencia de colocación, accede dende a seguinte ligazón ao Espazo Integrado de Información do Sistema Nacional de Emprego, dende o que poderás acceder ao Espazo Telemático Común, á relación actualizada de axencias de colocación, entre outros contidos de interese.

Espazo integrado de Información

Os centros especiais de emprego

Os centros especiais de emprego son aqueles centros de traballo recoñecidos como tal, tanto públicos como privados, que teñen o obxectivo de favorecer a integración das personas con dispacacidade, facilitándolles un emprego remunerado e un apoio persoal e social específico para potenciar a súa inclusión laboral.

Teñen, polo tanto, capacidade xurídica propia e un obxecto social para ser considerados empresas, pudendo carecer ou non de ánimo de lucro.

Para estes tipos de centros, con carácter anual, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convoca diferentes axudas para crear, impulsar e ampliar a súa actividade, incluíndose tamén apoyo para a realización de asistencias técnicas e para o mantenimiento dos postos de traballo, entre outros.

Toda a información a tes no siguiente enlace:

Centros especiais de emprego

Os membros e socios de EURES

EURES se puxo en marcha no 1994 como unha rede, coordinada pola Comisión Europea, entre os servizos públicos de emprego dos países da UE e do EEE. Nela participan tamén outras entidades, como sindicatos e organizacións empresariales, formando parte especialmente en rexións específicas con altos niveis de desprazamentos transfronteirizos.

Para dar máis solidez e eficiencia a EURES como instrumento para facilitar a libre circulación e mellorar o funcionamento do mercado de traballo europeo, o servizo experimentou unha reforma recollida no Regulamento (UE) n.º 2016/589.

Un dos principais obxectivos deste Regulamento é ampliar a rede para que haxa máis organizacións participantes, ofrecendo máis información, orientación e servizos de contratación a un público aínda máis amplo de persoas demandantes de emprego e empregadoras en toda Europa.

Nesa liña, todos os Estados membros da UE e do EEE deben establecer sistemas para a adhesión de organizacións para converterse en membros e socios de EURES. Así, calquera entidade que preste servizos de emprego pode adherirse á rede, se cumpre os criterios comúns establecidos no mencionado regulamento e os propios do sistema nacional de admisión pertinente.

En España, é o Real Decreto 207/2019, de 29 de marzo, polo que se regula o sistema nacional de admisión de membros e socios da Rede EURES en España o que define o sistema e procedemento nacional para a admisión de organizacións como membros e socios de EURES.

Fórmulas de adhesión

Hai dúas fórmulas posibles para a adhesión dunha entidade: como membro ou como socio.

1. Para converterse en membro de EURES, unha organización debe prestar os seguintes tres servizos:

  • Contribuír á posta en común de ofertas de emprego mediante a transmisión de datos ao portal EURES;
  • Contribuír á posta en común de ofertas de emprego e de CV mediante a transmisión de datos ao portal EURES;
  • Apoiar directamente ás persoas demandantes de emprego e ás empregadoras (información, orientación, apoio posterior á contratación).

2. En troques, un socio de EURES deberá prestar cando menos un dos tres servizos antes mencionados e xustificar que non pode prestar todos os servizos dun membro polo seu tamaño, recursos limitados ou o carácter dos demais servizos que presta normalmente.

Todos os membros e socios de EURES deberán cumprir determinados criterios mínimos enumerados no Regulamento EURES en termos de prestación de servizos (p. ex., conformidade coas normas laborais e a lexislación e capacidade para ofrecer servizos de forma gratuíta ás persoas trabajadoras) e participación na rede EURES (p. ex., a achega de datos segundo as normas e formatos, programación e presentación de informes, a asignación e a formación do personal).

Solicitude de alta como socio ou membro EURES

As organizacións que desexen converterse en membros ou socios de EURES en España nas condiciones establecidas no Real Decreto 207/2019, deberán obter a autorización do Servizo Público de Emprego da comunidade autónoma onde teñan establecida a súa sede social.

A autorización para ser membro ou socio de EURES en España é única e ten validez en todo o territorio español para traballar nas actividades da Rede EURES.

No caso concreto de Galicia, a tramitación da solicitude é a siguiente:

1. Cubrir a solicitude de modo telemático a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante o procedemento PR004A. No formulario de solicitude, a entidad solicitante, deberá:

a. Especificar un medio de notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia - Notifica.gal

b. No campo "Destinatario" elixir: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Dirección Xeral de Formación e Colocación

2. Achegar, xunto á solicitude:

a. O seguinte formulario debidamente cuberto e asinado electronicamente pola persoa responsable da entidade.

Solicitud adhesión EURES

b. Memoria do proxecto técnico e de xestión, que conterá, alo menos, os seguintes apartados:

1. Tarefas a desenvolver, ben como membro ou como socio da Rede EURES en España, de acordo co establecido nos artigos 2 e 8 do mencionado Real Decreto. No suposto de prestación dos servizos de apoio previstos no artigo 2.3.c) do referido Real Decreto, relación e descrición dos servicios a prestar a persoas traballadoras e empresarias, as súas modalidades, condicións de acceso aos mesmos e o custo, no seu caso, para as empresarias. Así como modalidades, actividades e os custos da asistencia posterior á contratación ás persoas traballadoras ou as empresas.

2. Emprazamento e descrición do centro ou centros, ou puntos de contacto desde onde se vaia desenvolver a súa actuación, especificando se é presencial ou telemática.

3. Dotación de persoal suficiente en número e capacidades técnico-lingüísticas para as correspondentes tarefas que deban levarse a cabo e compromiso de garantir as normas de calidade e formación para eses recursos humanos.

4. Descrición dos sistemas informáticos compatibles cos dos Servizos Públicos de Emprego que serán axeitados aos determinados no artigo 9.

c. Declaración responsable na que conste que a entidade solicitante cumpre os requisitos establecidos no artigo 13 do Real Decreto indicado.

Por último, no caso de que desexes saber se a túa empresa ou organización pode ser socia ou membro de EURES, a continuación tes un formulario para que che sirva de orientación.

Cuestionario membro ou socio EURES España

Seguridade e saúde laboral

A seguridade e a saúde do persoal é unha das obrigas fundamentais para a túa empresa en materia de contratación laboral.

Para facilitar a posta ao día nesta materia e para coñecer en máis detalle as súas esixencias, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral dispón na súa web de abundante e completa formación e información actualizada nesta materia.

Invitámosche a que a consultes no seguinte enlace ao portal web do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral:

Portal web do ISSGA 

Responsabilidade social empresarial

Ademais, dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración axudamos ás empresas interesadas en levar á práctica os conceptos de Responsabilidade Social Empresarial, apoiando a realización de diagnósticos e a definición de estratexias e medidas para a súa implantación práctica.

Actualmente contamos co programa gratuíto Responsabilízate, que busca axudar ás empresas na implantación da responsabilidad social na súa organización, incluíndo apoio no diagnóstico do potencial para implantar un modelo de RSE, na elaboración dun plan de acción, achegando o acompañamento de personal experto e apoiando na implantación das primeiras medidas:

 Acceso al portal del programa Responsabilizate

Se a túa empresa ten interese en introducirse neste eido ou quere ampliar, compartir ou coñecer outras actuacións, accede á web sobre a Responsabilidade Social Empresarial que poñemos á túa disposición:

Canle de RSE

Comunicación da contratación

Ás oficinas de emprego da Xunta de Galicia lles corresponde o labor de rexistro da comunicación dos contratos realizados polas empresas na nosa comunidade autónoma. A normativa referida a contratación laboral forma parte da lexislación básica, polo que corresponde ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social a súa regulación.

Non obstante, as empresas poden realizar esta comunicación a través de Internet empregando a aplicación Contrat@:

Aplicación Contrat@

Se a túa empresa aínda non dispón das credenciais de acceso a esta plataforma, consulta neste enlace da páxina web do SEPE como conseguilas:

Portal web do SEPE para empresas

En calquera caso, se tes algunha dúbida en relación ás distintas modalidades de contratos existentes, a súa finalidade e aplicación, toda a información actualizada sobre tipos e características de contratos podes atopala neste enlace da súa web:

Modelos de contratos

 

"Máis aló dos servizos vinculados á intermediación laboral, Emprego Galicia pon un abano moi amplo de contidos ao servizo das empresas"