RENOVACIÓN DA DEMANDA
A renovación da túa demanda de emprego é esencial para que dende Emprego Galicia podamos axudarche na túa busca activa de emprego. Lembra que, con carácter xeral, tes que renovar a túa demanda cada 3 meses. Cada vez que a renoves obterás a data da seguinte renovación.
Para facelo dispós dos seguintes medios:
A través da nosa Oficina Virtual:
Acceso á Oficina Virtual Emprego Galicia
A través da aplicación para dispositivos móbiles MOBEM:
E coa utilización do número persoal de identificación (PIN)
"Utiliza as distintas canles que Emprego Galicia pon a túa disposición para manter actualizada a túa demanda de emprego" |
Lembra que, no caso de que sexas menor de idade (*), será preciso que presentes na oficina de emprego unha autorización para a túa inscrición como a que podes descargar neste enlace:
(*) Nota: Nesta situación, para realizar a túa inscrición inicial, deberás acudir acompañado/a dunha das persoas que ostenten a túa patria potestade ou tutela.