O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL
A sociedade actual é moi cambiante; o que hai uns anos era válido agora pode non selo, as cousas non son iguais cando buscamos o noso primeiro traballo que cando o facemos por terceira vez. Tamén as necesidades das empresas vanse modificando, os contratos laborais son diferentes, as formas de acceso adáptanse ás necesidades da oferta e a demanda, os dereitos das persoas traballadoras varían...
Polo tanto, debes ter moi en conta que ademais de facer unha boa avaliación da situación, tes que actualizala cada certo tempo, xa que a persoa que mellor se adapta é a que percibe axeitadamente o que a rodea, para así actuar en consecuencia e beneficiarse ao máximo de cada situación. De feito, dúas persoas poden ter unha formación e unha experiencia laboral semellante pero ter distintos resultados cando se enfrontan á busca dun emprego. Isto débese a que hai outros moitos factores que inflúen na consecución dun traballo. A situación persoal e psicosocial de cada individuo son factores determinantes.
Por todo isto, a Orientación Laboral é unha ferramenta esencial que Emprego Galicia pon ao teu alcance para dar respostas ás túas necesidades. Se queres que che botemos unha man fainos coñecer o teu caso. Estamos dispostos a traballar para que ti tamén traballes.
Podes solicitar unha cita no noso servizo de orientación laboral na túa Oficina de Emprego a través do seguinte enlace:
a través da aplicación MOBEM:
ou na nosa Oficina Virtual:
Recibirás unha cita para unha Entrevista de Orientación que pode ser a entrada ao teu Itinerario Personalizado de para o Emprego (IPE) onde traballaremos a túa Axenda de Busca de Emprego.
Esta axenda se basea nos seguintes principios:
O proceso de busca. 1. ReflexionaO proceso de busca. 2. Infórmate
O proceso de busca. 3. PrepárateO proceso de busca. 4. Actúa
E para mellorar as túas competencias brandas (tamén coñecidas como soft skills), competencias cada vez máis valoradas e demandadas polas empresas e persoas empregadoras, tes a túa disposición esta sinxela guía elaborada pola Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo: