Os obradoiros de emprego e as escolas obradoiro son programas mixtos destinados á mellora da empregabilidade das persoas desempregadas, alternando a formación para o emprego con práctica laboral (traballo en obra real), diferenciándose entre uns e outros en función da idade das persoas participantes e outros requirimentos específicos de cada convocatoria.

Podes afondar no coñecemento dos obradoiros de emprego, escolas obradoiro e casas de oficios neste enlace da páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración:

Programas mixtos de formación e emprego

Se tes interese en poder participar nun obradoiro de emprego, escola obradoiro ou casa de oficios, solicita na túa oficina de emprego que che activen o servizo. 

E lembra que, no caso de dúbida sobre se podes ter dereito a participar neles ou si resultan axeitados no teu caso particular, dende o servizo de orientación laboral poden axudarte na túa toma de decisión.