EMPREGO GALICIA PARA AS EMPRESAS
Se estás a buscar persoas candidatas para cubrir algunha vacante ou novo posto dentro da organización da túa empresa, axudámosche:
-
Na busca de persoas traballadoras mediante a realización de sondaxes e cruzamentos coas demandas de emprego clasificadas e o posterior envío das persoas demandantes seleccionadas para dar resposta axeitada ás túas necesidades de man de obra.
-
Dentro desta xestión inclúese o apoio na definición dos requirimentos da oferta para que respondan ás necesidades reais do posto a cubrir, e para ter maiores garantías de eficacia na selección de persoas candidatas que resulten idóneas.
-
Naqueles casos en que a empresa non atope persoas candidatas idóneas entre as seleccionadas, dende Emprego Galicia ofrécese tamén a posibilidade de desenvolver programas experimentais de formación á medida con compromiso de contratación. Mediante estes programas, poderás desenvolver unha acción formativa deseñada á medida, contando co financiamento por parte de Emprego Galicia sempre que a empresa á finalización da acción asuma a porcentaxe de contratación de asistentes ao curso comprometido.