A rede EURES (EURopean Employment Services) é unha rede de cooperación dos Servizos de Emprego do Espazo Económico Europeo (EEE) cuxo obxectivo é facilitar a libre circulación de persoas traballadoras entre os 27 Estados membros da UE, Suiza, Islandia, Liechtenstein e Noruega, que permite a aquelas traballar e establecerse libremente en calquiera destes paises, garantindo igualdade de dereitos coas persoas nacionais dos mesmos.
A rede está composta pola Oficina Europea de Coordinación, as Oficinas Nacionais de Coordinación, os socios de EURES e os socios de EURES asociados.
Dentro da rede EURES atópase o Servizo EURES Transfronteirizo Galicia-Norte Portugal, que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de información ligadas á mobilidade fronteiriza de persoas traballadoras e empresarias na Eurorrexión.
Nos seguintes enlaces tes máis información sobre o que estas redes che poden achegar:
Para que vexas mellor os servizos que che pode ofrecer a Rede Eures Transfronteirizo, podes ver o seguinte vídeo:
Tamén tes no seguinte enlace unha plataforma en liña e gratuíta para aprender o idioma portugués, promovida polo Alto Comissariado para as Migraçoes, organismo dependente da Presidencia do goberno de Portugal.
Se queres afondar nesta opción para atopar emprego, nos seguintes enlaces tes o buscador de ofertas de emprego da rede EURES e do EURES TransfronteirizoGalicia - Norte de Portugal:
Tamén, no seguinte vídeo, poñemos a túa disposición un percorrido sobre os pasos a dar para acceder á plataforma EURES, facendo un repaso sobre os múltiples servizos que achega para a túa busca de emprego en Europa.
Ademais, mantén tamén actualizada diversa información sobre os países de destino, accesible dende este enlace:
Por outro lado, pensa igualmente que a túa profesión pode estar regulada no país da UE ao que queiras desprazarte; é dicir, que o seu acceso está restrinxido a unha determinada titulación, ter superado exames especiais e / ou inscribirse nun órgano profesional para exercela, tendo máis información ao respecto neste enlace:
Por iso, no seguinte enlace ao portal web da Comisión Europea che permitirá comprobar se a túa profesión está ou non regulada no país que che interesa:
Por último, no seguinte vídeo (con audio en inglés) podes obter máis información de como usar o portal web da Rede EURES:
E como podo facer para informarme máis en detalle?
Existe unha estrutura de conselleiras e conselleiros EURES en Galicia que che proporcionarán información á medida das túas necesidades sobre ofertas de emprego e condicións de vida e traballo nos países de Europa.
Os conselleiros EURES de Galicia podes atopalos nos siguientes enderezos: