Un xacemento de emprego é un sector económico ou parte deste no que se prevé que se vai demandar un número significativo de empregos nun futuro próximo, debido a transformacións económicas, sociais ou tecnolóxicas que xeran na sociedade necesidades non cubertas.
Ao ser reducido o número de empresas que ofrecen servizos dentro destes ámbitos, é moi probable que ao abeiro dos novos xacementos de emprego se xere unha gran cantidade de empregos, ou mesmo que teña lugar a aparición de novas profesións, motivo polo que pode ser unha vía a ter en conta á hora de realizar a túa busca de emprego.
Con carácter xeral, a Comisión Europea clasifica os Novos Xacementos de Emprego en catro grandes bloques:
Servizos da mellora do marco de vida
-
A mellora da vivenda.
-
A seguridade.
-
Os transportes colectivos locais.
-
A revalorización dos espazos públicos urbanos.
-
Os comercios de proximidade.
Servizos culturais e de ocio
Servizos de medio ambiente
-
A xestión dos residuos.
-
A xestión da auga.
-
A protección e o mantemento das zonas naturais.
-
A normativa, o control da contaminación e as instalacións correspondentes.
-
As enerxías renovables.
|
Non obstante, de xeito constante están a xurdir novas necesidades que se poden materializar en oportunidades de emprego, e neste sentido o factor local pode ser de gran relevancia á hora de identificar novos xacementos de emprego dentro do teu ámbito de busca de emprego.
Para dispoñer de información máis concreta, podes acceder a fontes de información actualizadas sobre a evolución do mercado laboral e os novos xacementos de emprego nos seguintes enlaces:
Observatorio do Instituto galego das cualificaciónsPortal do IGE para o mercado laboral