MOBEM é unha aplicación informática nativa para cada unha das plataformas móbiles máis empregadas na actualidade (Android e iOS), que ten por obxectivo ampliar as formas de acceso aos servizos ofrecidos polo Emprego Galicia aos demandantes de emprego. 

Onde podo obter a aplicación Mobem?

A aplicación Mobem está dispoñible nas tendas da Internet dos principais fabricantes de teléfonos intelixentes.

 

Estes son os enlaces para que poidas descargala segundo o teléfono intelixente que teñas: 

  Descarga Mobem Google Play para Android    Descarga Mobem App Store de Apple para Iphone    

Que funcionalidades ten a aplicación Mobem

As funcionalidades que cubre a aplicación Mobem son:

  • Renovación da demanda de emprego.
  • Consulta de eventos e da axenda (Pódense ver as datas de renovación da demanda, citas de orientación laboral, etc.).
  • Configuración dos datos da conta de usuario.

Lembra que para utilizar esta aplicación, tal e como informa ao entrar nela, tes que ser demandante de emprego en alta. 

Estas son as pantallas de información na versión Android e na versión Iphone:

pantalla de información de mobem en android    pantalla de información de mobem en Iphone

A primeira vez que accedes

Na pantalla de autenticación terás que introducir o teu identificador de usuario e o teu contrasinal de acceso nos recuadros correspondentes para poder acceder á aplicación. O contrasinal de acceso é a mesma para acceder á aplicación de terminais móbiles e á oficina virtual do portal de emprego.

Estas son as pantallas de inicio na versión Android e na versión Iphone:

pantalla de inicio de mobem en android    pantalla de inicio de mobem en Iphone

Nesta pantalla de autenticación, se pulsas sobre o símbolo de información obterás información referente aos requisitos de acceso. 

A primeira vez que accedas desde un terminal móbil o sistema pedirache a túa dirección de correo electrónico. Debes introducir o que teñas rexistrado na túa demanda de emprego en Emprego Galicia para que o terminal poida ser rexistrado.

Unha vez introducidos os datos de usuario e contrasinal podes seleccionar a opción de Lembrar datos que permitirá acceder á aplicación en novas ocasións sen necesidade de realizar a autenticación manual novamente. (O contrasinal de acceso queda almacenada no terminal). Se elixes esta opción, a proxima vez que tentes acceder á aplicación basta con pulsar o botón Acceder.

Unha vez autenticado na aplicación podes cambiar o contrasinal dende calquera pestaña pulsando o botón Menú do teléfono.

Lembra que cambiar o contrasinal en Mobem supón tamén cambiala no acceso á oficina virtual do portal de emprego.

Unha vez autenticado na aplicación podes pechar a sesión desde calquera pestana pulsando o botón Menú do teléfono e escollendo a opción Pechar sesión. Esta acción implica a eliminación dos datos de sesión almacenados no teléfono, tendo que volver introducir o identificador de usuario e o contrasinal se queres acceder de novo a ela.

Pantalla xeral

Na pantalla xeral verás os teus datos persoais e as datas sinaladas para a renovación da túa demanda de emprego.

A pantalla xeral de datos en dispositivos Android e Iphone son as seguintes:

pantalla de información xeral de mobem en android    pantalla de información xeral de mobem en Iphone

 

Pulsando sobre o recuadro amarelo podes obter máis información acerca da renovación da demanda.

Desde esta pantalla principal podes realizar a renovación da demanda de emprego no caso de estar en tempo de facelo (Pulsa sobre el para renovar a demanda).

No caso de non estar en período de renovación da demanda de emprego verás que o botón está vermello, o que significa que a aplicación non che permite renovala.

Lembra que podes descargar en formato pdf o DARDE da última renovación que fagas.

Acceso á pantalla de eventos

Na pantalla de eventos verás avisos e citas vinculados coa túa demanda de emprego.

A pantalla de eventos en dispositivos Android e Iphone é a seguinte:

pantalla de eventos de mobem en android    pantalla de eventos de mobem en android

Os avisos indícanche as ofertas para as que, nese momento, estás seleccionado como persoa candidata, así como as citas que tes programadas en orientación laboral, en selección para cursos de formación ou para a túa renovación da túa demanda de emprego.

Lembra que dende Mobem, respecto das ofertas de emprego nas que esteas seleccionada como persoa candidata, debes indicar á oficina de emprego a túa dispoñibilidade, é dicir, debes indicar que a oferta che interesa e dar a conformidade para que o teu currículo sexa enviado á empresa. (Se pulsas sobre o recuadro amarelo atoparás información das formas nas que podes confirmar a túa dispoñibilidade).

Pantalla de información

Na pantalla de información verás datos acerca da aplicación e das canles que podes utilizar para facer consultas.

A pantalla de información en dispositivos Android e Iphone son as seguintes:

 pantalla de información de mobem en android    pantalla de información de mobem en Iphone

Ao pulsar sobre a dirección de correo electrónico aparecerán as diferentes aplicacións instaladas que permiten realizar o envío de e-mails. E ao pulsar no número de teléfono para facer consultas abrirase o teclado do teléfono para poder realizar a chamada.

Por último, nesta páxina podes obter máis información sobre o aviso legal e a politica de LOPD relativos á aplicación Mobem.

"As pantallas da aplicación Mobem que se presentan son a título meramente de exemplo, polo que poden verse modificadas ou alteradas en función das melloras e da propia evolución que se observe necesaria, así como dos dispositivos móbiles dende os que se acceda"