A entrevista de selección. Linguaxe verbal

Estas son algunhas das pautas básicas que debes ter en conta en relación coa túa linguaxe ou comportamento verbal:

  • Prepara a argumentación.
  • Expón cun ton, volume, claridade e fluidez verbal axeitados.
  • Reformula positivamente: argumenta transformando o negativo en positivo e converte os puntos débiles en vantaxes.
  • Escoita atentamente e pide aclaracións.
  • Utiliza unha linguaxe adecuada e elaborada.
  • Non utilices xergas, nin refráns.
  • Que as túas respostas demostren entusiasmo polo traballo.
  • Contesta sen agresividade: non consideres as preguntas como ataques persoais, senón como unha oportunidade para demostrar que es a persoa axeitada para o posto.
  • As respostas non deben contemplar críticas cara aos teus anteriores traballos.
  • Relaciona as respostas co traballo ao que optas.
  • Prepara os teus puntos fortes e intenta que saian na conversa.
  • Fai preguntas relacionadas co posto, a empresa e o traballo.