Presentación da memoria anual
No prazo de 4 meses a partir do peche do exercicio económico, os titulares dos centros especiais de emprego deben presentar no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego unha memoria anual comprensiva dos seguintes extremos:
- Identificación dos centros: titularidade, situación, actividade principal e complementaria, así como as características dos enclaves laborais, no caso de que existan, segundo o modelo datos do centro de traballo.
- Composición do cadro de persoal de cada centro, especificando os traballadores con discapacidade e as altas e baixas producidas durante o exercicio, segundo o modelo relación do cadro de persoal.
- Documentación económica: liquidación do orzamento, balance de situación, conta de explotación e proxecto de presuposto do exercicio seguinte (*), segundo o modelo resumo de contas anuais.
- Cumprimento dos obxectivos económicos e de axuste persoal e social (*), segundo o modelo persoal de axuste.
Deben xuntar as contas anuais do seu titular e certificación da súa aprobación pola asemblea xeral ou órgano equivalente, coas sinaturas lexitimadas notarialmente que conteña o acordo referido á distribución ou imputación de resultados do centro. A devandita certificación fará constar, así mesmo, a transcrición literal das modificacións estatutarias e outros acordos sociais do titular que poidan afectar ó recoñecemento como centro sen ánimo de lucro, ou a inexistencia deles no seu caso.
(*) Os titulares de centros con ánimo de lucro que non recibiran subvencións, axudas ou outro tipo de compensacións económicas das administracións públicas, calquera que sexa a súa natureza, non estarán obrigados a incluír os apartados c) e d) anteriores na memoria anual.
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Edif. Administrativo San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Telfs: 981 957 746 - 981 957 747
Fax: 981 957 748
Localizar en Google Maps