OBXECTO: comunicar a transmisión de accións ou participacións sociais ao Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais.
Para iso debe aportarse:
- Comunicación, qué poderá presentarse directamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, utilizando a denominada Solicitude xenérica ( Clave procedemento PR004A ), e dirixida á Consellería de Emprego e Igualdade, Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
- Certificación dos asentos practicados no libro-rexistro de accións nominativas ou no libro de socios.
Prazo para a comunicación:
- con carácter xeral, dentro dos tres primeiros meses do exercicio económico deberán comunicarse as transmisións realizadas no exercicio inmediatamente anterior
- se se incumpren os límites de posesión previstos legalmente (art. 1.2. a) e b) da Lei 44/2015, do 14 de outubro, de sociedades laborais e participadas), debe comunicarse no prazo dun mes desde que se practicara o asento que o poña de manifesto.
- se se restablecen os límites legais de posesión debe comunicarse no prazo dun mes desde que se practique o asento polo que se restablezan.