Modificación de estatutos dunha sociedade laboral


OBXECTO: solicitar no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais:

 

  • a declaración de que a modificación de estatutos da sociedade non afecta a súa cualificación como laboral.
  • a inscrición do cambio de domicilio social
  • a adaptación dos estatutos á Lei 44/2015, do 14 de outubro, de sociedades laborais e participadas para dar cumprimento ao disposto na súa disposición transitoria segunda.

 

Para iso debe achegarse:

  1. Formulario PR004A
  2. Solicitude.
  3. Copia escaneada da copia autorizada da escritura pública de modificación de estatutos da sociedade.
  4. Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos.

Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de https://www.atriga.gal/axuda-ao-contribuinte/programas-de-axuda-e-confeccion-de-formularios , premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro SSLL.