OBXECTO: solicitar a descualificación da sociedade como laboral no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais. Para iso debe achegarse:
A documentación que se relaciona deberá ser presentada na Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento PR004A xunto coa copia auténtica da escritura, escaneada e da documentación que se cita.
- Formulario PR004A
- Solicitude.
- Copia escaneada da copia autorizada da escritura pública de transformación ou disolución da sociedade.
- Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos.
- A través da Oficina Virtual Tributaria.
Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de https://www.atriga.gal/axuda-ao-contribuinte/programas-de-axuda-e-confeccion-de-formularios , premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro SSLL.