Cualificación dunha sociedade de nova constitución


OBXECTO: solicitar a cualificación como sociedade laboral no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais.

A documentación que se relaciona deberá ser presentada na Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento PR004A xunto coa copia auténtica da escritura, escaneada e a documentación que se cita:

  1. Formulario PR004A (Sede Electrónica da Xunta de Galicia)
  2. Solicitude.
  3. Copia escaneada da copia autorizada da escritura pública de constitución.

  4. Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos.

Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de https://www.atriga.gal/axuda-ao-contribuinte/programas-de-axuda-e-confeccion-de-formularios , premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro SSLL.

 

Cualificación dunha sociedade preexistente como laboral


OBXECTO: solicitar a cualificación como sociedade laboral no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais dunha sociedade xa existente (Conversión en Sociedade Laboral). Para iso debe achegarse:

A documentación que se relaciona deberá ser presentada na Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento PR004A xunto coa copia auténtica da escritura, escaneada e a documentación que se cita:

  1. Formulario PR004A

  2. Solicitude.
  3. Copia escaneada da copia autorizada da escritura pública de constitución da sociedade preexistente.
  4. Copia escaneada da copia autorizada  das escrituras públicas de modificación de estatutos, de ser o caso.
  5. Certificación literal do Rexistro Mercantil dos asentos vixentes da entidade.
  6. Certificacións do acordo da xunta xeral, favorable á cualificación de sociedade laboral, e da titularidade do capital social resultante do libro rexistro de accións nominativas ou de socios correspondentes.
  7. Copia escaneada da copia autorizada da escritura, pola que se eleve a público o acordo da xunta xeral e as modificacións dos estatutos que fosen precisas para adaptarse á Lei de Sociedades Laborais e participadas.
  8. Documentos acreditativos de cotizacións á seguridade social das persoas socias traballadoras e asalariadas.
  9. Justificante del pago de la tasa por servicios administrativos.

     

Para estos efectos podrá generar el impreso de liquidación a través de  https://www.atriga.gal/axuda-ao-contribuinte/programas-de-axuda-e-confeccion-de-formularios , presionando en "Tasas y precios"después de la elección de las correspondientes claves tasas registro SSLL.

Descualificación dunha sociedade laboral


OBXECTO: solicitar a descualificación da sociedade como laboral no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais. Para iso debe achegarse:
A documentación que se relaciona deberá ser presentada na Sede Electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento PR004A xunto coa copia auténtica da escritura, escaneada e da documentación que se cita.

  1. Formulario PR004A
  2. Solicitude.
  3. Copia escaneada da copia autorizada da escritura pública de transformación ou disolución da sociedade.
  4. Xustificante de pago da taxa por servizos administrativos.

Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de https://www.atriga.gal/axuda-ao-contribuinte/programas-de-axuda-e-confeccion-de-formularios , premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro SSLL.

Comunicación da transmisión de accións ou participacións sociais


OBXECTO: comunicar a transmisión de accións ou participacións sociais ao Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais.

Para iso debe aportarse:

  1. Formulario PR004A
  2. Comunicación, qué poderá presentarse directamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, utilizando a denominada Solicitude xenérica ( Clave procedemento PR004A ), e dirixida á Consellería de Emprego e Igualdade, Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
  3. Certificación dos asentos practicados no libro-rexistro de accións nominativas ou no libro de socios.

Prazo para a comunicación:

  • con carácter xeral, dentro dos tres primeiros meses do exercicio económico  deberán comunicarse as transmisións realizadas no exercicio inmediatamente anterior
  • se se incumpren os límites de posesión previstos legalmente (art. 1.2. a) e b) da Lei 44/2015, do 14 de outubro, de sociedades laborais e participadas), debe comunicarse no prazo dun mes desde que se practicara o asento que o poña de manifesto.
  • se se restablecen os límites legais de posesión debe comunicarse  no prazo dun mes desde que se practique o asento polo que se restablezan.