Cualificación como centros especiais de emprego
Para solicitar a cualificación como Centro Especial de Emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, deberá achegar a seguinte documentación:
- Solicitude
- Fotocopia compulsada da escritura de constitución ou documento fundacional do titular debidamente inscrito no rexistro público correspondente e NIF do representante legal para as persoas xurídicas ou NIF no caso das persoas físicas.
- Fotocopia compulsada de alta na seguridade social como empresa.
- Memoria e estudo económico sobre as posibilidades de viabilidade e subsistencia do centro que deberá especificar os seguintes extremos:
- Obxectivos e actividades que desenvolve o centro, con detalle dos servizos de axuste persoal e social que se prestarán aos traballadores con discapacidade.
- Características e circunstancias organizativas e materiais, explicitando todos os recursos que contribúan ao sostemento do centro.
- Resultados económicos previstos para o exercicio corrente e os cinco seguintes, con detalle das estimacións realizadas.
- Prever a integración de persoal técnico e de apoio, coa titulación profesional que a actividade do centro precise, no seu cadro de persoal.
No caso de non existir este tipo de persoal débese acreditar a contratación da prestación dos servizos de axuste persoal e social, mediante contrato ou convenio de colaboración, con entidades especializadas que conten cos medios suficientes para prestalos coa suficiente solvencia.
- Certificación relativa ós centros de traballo para os que se solicita a cualificación, especificando a súa localización, actividade e relación nominal do cadro de persoal do centro, indicando se se trata de traballadores con discapacidade. No caso de existir persoal dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social, deberán identificarse e detallar o labor que realizan.
- Contratos de traballo do persoal con discapacidade, segundo o modelo oficial establecido pola normativa específica.
- Resolución motivada dos equipos de valoración na que se determinen as posibilidades de integración real e capacidade de traballo do persoal con discapacidade en relación coas funcións do posto de traballo. (Modelo de solicitude resolución EVO, Autorización para a entrega de documentación)
- Xustificante de pago da Taxa por servizos administrativos:
- A través da Oficina Virtual Tributaria
- Mediante ingreso na entidade colaboradora. Para estes efectos poderá xerar o seu impreso de liquidación a través de https://www.atriga.gal/axuda-ao-contribuinte/programas-de-axuda-e-confeccion-de-formularios, premendo en "Taxas e prezos", logo da escolla das procedentes claves taxas rexistro CEE
No caso de solicitar a cualificación como Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro, no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, os centros deberán cumprir os seguintes requisitos:
- O patrimonio do titular do centro, ten carácter de irrepartible, agás a favor de entidades do mesmo carácter
- O titular do centro ten como finalidade primordial a integración de persoas con discapacidade en Centros Especiais de Emprego
- A reinversión dos seus posibles beneficios ou excedentes faise no propio Centro Especial de Emprego ou noutros que carezan de ánimo de lucro.
E achegar a seguinte documentación a maiores da anterior:
- Certificación literal dos estatutos sociais das entidades que participen indirectamente na entidade titular do centro, no seu caso.
- Memoria explicativa do destino previsto para os posibles beneficios xerados pola actividade do centro.
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Edif. Administrativo San Lázaro, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Telfs: 981 957 746 - 981 957 747
Fax: 981 957 748
Localizar en Google Maps