APOIO AO EMPRENDEMENTO
Dentro das competencias que lle son propias á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en materia de emprego se atopan a xestión e seguimento dos programas e accións de apoio, asesoramento, fomento e mantemento da actividade das persoas autónomas, e daqueles que se lle asignen dentro da súa área funcional e tamén as vinculadas á programación, coordinación, execución, seguimento, propostas e avaliación, control e xestión dos programas e instrumentos específicos que se definan no apoio ao emprendemento.
Sendo así, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pon a disposición das persoas que desexan promover a súa iniciativa emprededora diversas ferramentas, focalizadas principalmente a través de dúas canles:
- a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego e
- a Oficina virtual do emprego autónomo
Ámbalas dúas son instrumentos para unificar e potenciar a atención ás persoas emprendedoras e ás persoas traballadoras autónomas que desexan desenvolver a súa actividade en Galicia, incidindo nos factores que se consideran esenciais para a súa posta en marcha e facilitando o seu acceso e apoio.
Deste xeito, a Consellería pon a súa disposición estes espazos integrais de servizos aos que poderán dirixirse desde calquera lugar con acceso a Internet e en calquera horario, para consultar as súas dúbidas, solicitar apoio, información ou acceder a servizos especificamente deseñados para elas, evitando perdas de tempo en desprazamentos ou procuras e dedicándose a crear valor na súa actividade.
Ademais, a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego contan cunha rede de centros físicos que se atopan espallados por toda a xeografía de Galicia, contando con persoal técnico especializado que, de xeito gratuíto, están para axudar a todas as persoas que requiran de asistencia e atención persoal para promover, deseñar, desenvolver ou potenciar o seu proxecto profesional.
A continuación tes o acceso ás dúas plataformas para máis información.
Rede de Polos de EmprendementoOficina virtual do emprego autónomo