Fases ou partes da entrevista
Por outra banda, é importante tamén facer un breve repaso sobre as fases ou partes da entrevista.
-
O saúdo: é a primeira impresión persoal que a persoa que che entrevista vai ter de ti. Espera a que ela se dirixa a ti. Estreita a súa man cordialmente cando cha ofreza e preséntate con naturalidade.
-
Charla introdutoria: normalmente, adóitase comezar con temas intranscendentes para establecer unha relación de confianza e disipar calquera temor.
-
Conversación sobre o posto: comezará dándoche información sobre as condicións do traballo. Posteriormente, a persoa que che entreviste recollerá a información sobre ti: datos persoais, formación, experiencia, funcións, motivacións, adecuación do teu CV. Aquí se inclúen tamén aquelas probas orais ou escritas (test, preguntas, exames, ...) que a persoa entrevistadora considere necesarias para axudarlle a avaliar o teu perfil profesional.
-
Final da entrevista: neste momento, podes consultar calquera dúbida relacionada coa empresa, as condicións de traballo e o proceso de selección. Con elas demostrarás o teu interese polo posto de traballo. Aproveita a ocasión para demostrar os teus coñecementos.
-
Despedida: o obxectivo é asegurar o seguinte contacto dentro do proceso de selección. É moi importante que te amoses cordial na despedida, pensa que te están observando ata o último instante.