A oficina virtual de Emprego Galicia está preparada para que poidas utilizar o teu DNI electrónico ou firma dixital para a túa identificación.

Para elo, accede primeiramente á páxina de inicio da Oficina Virtual:

 Pantalla de inicio accedendo co DNI electrónico

 preme a opción de "Acceso mediante DNI-e ou Certificado Dixital".

 

Aparecerá entón unha ventá emerxente para que poidas seleccionar o certificado dixital que teñas instalado no teu ordenador e, tras seleccionar o correcto, entrarás xa na oficina virtual.

 

Lembra: Só terás acceso á oficina virtual se tes a túa demanda de emprego en situación administrativa de "Alta" ou se tes causado "Baixa" hai menos de 180 días por colocación (comunicada con ou sen oferta previa, alta no réxime especial de traballadores autónomos, por chamamento de fixo discontinuo) ou por ou por manifestación de colocación

 

Podes obter máis información sobre os certificados dixitais na seguinte páxina web da Real Fábrica da Moeda e Timbre:

Portal web da FNMT - Ceres