Se non tes DNI-e, certificado dixital ou Chave 365, para utilizar a oficina virtual necesitarás un identificador de usuario e un contrasinal. Para obtelos debes acudir persoalmente a túa oficina de emprego e solicitalos.

Ao poco tempo, recibiralos no enderezo de correo electrónico que indiques.

Busca aquí a oficina que estea máis preto do teu domicilio:

Buscador de centros

 Unha vez dispoñas do usuario e o contrasinal, accede á páxina de inicio da Oficina Virtual:

Acceso á oficina virtual con usuario e contrasinal
Despois, no recadro "Usuario" debes introducir o identificador que che facilitaron na oficina de emprego a través do correo electrónico.

(Exemplo do correo no que se comunican os datos de acceso: "Xa pode acceder a Emprego Galicia dende internet. O seu nome de usuario é: D0000000A co contrasinal: xXxYxy")

No recadro "Contrasinal" debes introducir o que che facilitou a oficina de emprego a través do correo electrónico:  

 Ten en conta que neste recadro o sistema distingue maiúsculas de minúsculas.

A continuación preme sobre o botón etiquetado como "Acceder".

 

"Lembra: Só terás acceso á oficina virtual se tes a túa demanda de emprego en situación administrativa de "Alta" ou se tes causado "Baixa" hai menos de 180 días por colocación (comunicada con ou sen oferta previa, alta no réxime especial de traballadores autónomos, por chamamento de fixo discontinuo) ou por ou manifestación de colocación"