Dereitos e obrigas xerais

Un contrato de traballo leva aparellados uns dereitos para a persoa traballadora, que se converten en obrigas para a persoa empresaria. Ao mesmo tempo, as obrigas que contrae a persoa traballadora convértense en dereitos da persoa empresaria.

persoa empresaria contrae obrigas con:

  • A persoa traballadora: Cando a relación laboral sexa de duración superior a catro semanas, a persoa empresaria deberá informar por escrito á persoa traballadora sobre os elementos esenciais do contrato e as principais condicións de execución da prestación laboral, sempre que tales elementos e condicións non figuren no contrato de traballo formalizado por escrito.

  • Os representantes legais das persoas traballadoras: Tamén deberá entregar aos representantes legais das persoas traballadoras, unha copia básica dos contratos formalizados por escrito (con excepción dos contratos de relacións especiais de alta dirección, para os que é suficiente a notificación), así como as prórrogas dos devanditos contratos e as denuncias dos mesmos, tendo para iso o mesmo prazo de 10 días. A copia básica conterá todos os datos do contrato a excepción do número do DNI, enderezo, estado civil e calquera outro dato que poida afectar á identidade da persoa interesada. Posteriormente, a dita copia básica enviarase ao Servizo Público de Emprego. Cando non exista representación legal das persoas traballadoras tamén deberá formalizarse copia básica e remitirse ao Servizo Público de Emprego.

  • Emprego Galicia: Las personas empresarias están obrigadas a comunicar ao Servizo Público de Emprego no prazo dos 10 días seguintes á súa concertación e nos termos que regulamentariamente se determinen, o contido dos contratos de traballo que celebren ou as prórrogas dos mesmos, deban ou non formalizarse por escrito.

 

Dereitos e deberes da persoa traballadora

Son dereitos de calquera persoa traballadora:

  • Á ocupación efectiva durante a xornada de traballo.

  • Á promoción e formación no traballo.

  • A non ser discriminadas para acceder a un posto de traballo.

  • Á integridade física e á intimidade.

  • A percibir puntualmente a remuneración pactada.

  • Aos demais que se establezan no contrato de traballo.

 

E son deberes da persoa traballadora:

  • Cumprir as obrigacións concretas do posto de traballo conforme aos principios da boa fe e dilixencia.

  • Cumprir as medidas de seguridade e hixiene que se adopten.

  • Cumprir as ordes e instrucións da persoa empresaria no exercicio da súa función directiva.

  • Non realizar a mesma actividade que a empresa en competencia con ela.

  • Contribuír a mellorar a produtividade.

  • Aos demais que se establezan no contrato de traballo.