Co obxectivo de dar o máximo apoio informativo ás empresas e persoas empregadoras en relación coa incidencia do coronavirus COVID-19 no ámbito do mercado laboral, Emprego Galicia achega nesta sección todos os contidos que se consideran de especial interese para facer fronte a esta situación no referido ámbito.

 

CAMBIO NA OBRIGRATORIEDADE DO USO DAS MÁSCARAS - REAL DECRETO 286/2022

O 20 de abril de 2022, publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto 286/2022, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso das máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, polo que as persoas maiores de seis anos de idade, quedan obrigadas só a utilizar as máscaras nos centros, servizos e establecementos sanitarios por parte das persoas traballadoras, visitantes e pacientes (coa excepción das persoas ingresadas cando permanezan na súa habitación), nos centros sociosanitarios por parte das persoas traballadoras e as persoas visitantes en zonas compartidas e nos medios de transporte público de viaxeiros. Do mesmo modo, na contorna laboral, con carácter xeral, non resultará preceptivo o uso das máscaras, podéndose determinar por parte da persoa responsable en prevención de riscos laborais as medidas preventivas que resulten axeitadas se así se deriva da súa correspondente avaliación (incluída a obriga da utilización da máscara, entre outras).

Publicación obrigatoriedade uso máscara

É preciso recalcar tamén que as modificacións establecidas neste Real Decreto, non afectan as “Medidas de prevención e hixiene” establecidas no artigo 7 da Lei 2/2021, do 29 de marzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID19 que, entre outras, fan referencia a:

a) Adoptar medidas preventivas de ventilación, limpeza e desinfección adecuadas ás características e intensidade de uso dos centros de traballo, atendendo aos protocolos que se establezan en cada caso.

b) Poñer ao dispor das persoas traballadoras auga e xabón, xeles hidroalcólicos ou desinfectantes con actividade virucida, autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade para a limpeza de mans.

c) Adaptar as condicións de traballo, incluída a ordenación dos postos de traballo e a organización das quendas, así como o uso dos lugares comúns de forma que se garanta o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal mínima de 1,5 metros entre as persoas traballadoras. Cando iso non sexa posible, deberá proporcionarse a estas equipos de protección adecuados ao nivel de risco.

d) Adoptar medidas para evitar a coincidencia masiva de persoas, tanto persoas traballadoras como clientes ou persoas usuarias, nos centros de traballo durante as franxas horarias de previsible maior afluencia.

e) Adoptar medidas para a reincorporación progresiva de forma presencial aos postos de traballo e a potenciación do uso do teletraballo cando pola natureza da actividade laboral sexa posible.

 

PUBLICADA A FINALIZACIÓN DA SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA NO TERRITORIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

21 de outubro de 2021 tense publicado no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 21 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de outubro de 2021, polo que se declara a finalización da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020 como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

No seguinte enlace se dispón do acceso á publicación realizada da dita resolución no Diario Oficial de Galicia:

Publicación finalización emerxencia sanitaria

Modelo de solicitude de prórroga dos expedientes de regulación de emprego vinculados á COVID-19 vixentes a 30 de setembro de 2021

Coa aprobación e entrada en vigor do Real Decreto-lei 18/2021, se abre a posibilidade de autorizar unha prórroga daqueles ERTE que estean vixentes a 30 de setembro de 2021 con base no disposto nos artigos 1 e 2 do Real Decreto-lei 11/2021, polo que a Xunta de Galicia ven de publicar o modelo de solicitude de prórroga por parte das empresas e persoas traballadoras autónomas con persoal por conta allea ao cargo a través da Orde do 30 de setembro de 2021 (Procedemento TR820H).

No seguinte enlace se dispón do acceso á publicación realizada da dita orde no Diario Oficial de Galicia:

Publicación Prórroga ERTE no DOG

Finalmente publicouse o Real Decreto-lei 18/2021, de 28 de septembro, de medidas urxentes para a protección do emprego, a recuperación económica e a mellora do mercado de traballo no que se amplían as prórrogas dos ERTE por motivo da COVID-19 ata o 28 de febreiro de 2022.

Acceso publicación BOE

Publicacións do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia

O 14 de setembro de 2021 tense publicado no Diario Oficial de Galicia a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia que comporta, como un dos elementos fundamentais, o establecemento dun plan de control e inspección autonómico e o desenvolvemento de actuacións de control e inspección municipais.

Publicación Plan Hostalaría Segura

Dada a evolución da situación, o 22 de outubro de 2021 a Consellería de Sanidade publica a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación II Plan Hostalaría Segura

Adicionalmente, o 8 de outubro de 2021 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 7 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifican a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

Medidas de prevención específicas

Seguindo coa evolución propia da situación, o 28 de outubro de 2021 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 26 de outubro de 2021 pola que se modifica a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación III Plan Hostalaría Segura

De seguido, o 25 de novembro de 2021 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 25 de novembro de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 22 de outubro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación IV Plan Hostalaría Segura

Atendendo ás decisións adoptadas en relación coa situación sanitaria, o 26 de novembro de 2021 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 25 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación V Plan Hostalaría Segura

Dando resposta á situación epidemiolóxica actual, o 16 de decembro de 2021 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 15 de decembro de 2021 pola que se prorrga e modifica a Orde do 22 de outubro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación VI Plan Hostalaría Segura

Seguindo coa evolución observada na situación epidemiolóxica causada pola COVID-19, o mércores 29 e o xoves 30 de decembro a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se modifican a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación VII Plan Hostalaría SeguraMedidas cualificadas de prevención

Atendendo á posible ampliación dos horarios de apertura na hostalería e restauración nas vésperas de festivos nas datas nas que se están a aplicar as novas medidas reguladas, o 3 de xaneiro de 2022 a Consellería de Sanidade publica a Orde do 3 de xaneiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación VIII Plan Hostalería Segura

Como resultado do seguimento e avaliación continua da situación e entendendo que as medidas aplicadas até este momento seguen a resultar necesarias, adecuadas e proporcionadas para controlar e evitar a maior difusión dunha enfermidade altamente contaxiosa, o venres 14 de xaneiro de 2022 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 13 de xaneiro de 2022 pola que se prorroga a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación IX Plan Hostalería Segura

Téndose observado unha nova tendencia da situación epidemiolóxica causada pola COVID-19, o xoves 27 de xaneiro de 2022 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 27 de xaneiro de 2022 pola que se modifican a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación X Plan Hostalería Segura

Vendo que as medidas aplicadas ata este momento seguen a resultar necesarias, adecuadas e proporcionadas para o fin perseguido, que non é outro que asegurar a incipiente mellora da situación epidemiolóxica e evitar a maior difusión dunha enfermidade, o venres 11 de febreiro de 2022 a Consellería de Sanidade ven de publicar a Orde do 11 de febreiro de 2022 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifican a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación XI Plan Hostalería Segura

A continuación, ponderando a incidencia que a exixencia do certificado supón nos dereitos fundamentais coa evolución epidemiolóxica, non se considera necesario prorrogar a eficacia da exixencia do certificado COVID noutros ámbitos e actividades nas cales viña sendo de aplicación, como nas de hostalaría e restauración, lecer nocturno, albergues turísticos, actividades de xogo, centros ou instalacións deportivas pechadas ou en piscinas cubertas, así como para o acceso a eventos multitudinarios ou aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos ou bebidas para o seu consumo durante eles. A eficacia destas medidas decaerá, polo tanto, ás 00.00 horas do día 26 de febreiro tal e como se recolle na Orde do 23 de febreiro de 2022 pola que se prorroga a Orde do 16 de novembro de 2021 pola que se aproba a exixencia de determinadas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia no que se refire aos centros hospitalarios, e a Orde do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos, no que se refire aos centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con discapacidade.

Publicación revisión Plan Hostalería Segura

En vista da evolución da situación epidemiolóxica, cómpre prorrogar, mediante esta orde de 23 de marzo de 2022, a eficacia das medidas contidas nas ordes citadas ata as 00.00 horas do día 9 de abril de 2022, ampliando o prazo de aplicación da Orde do 22 de outubro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia; a Orde do 14 de setembro de 2021, pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicación prórroga Plan Hostalería Segura

 

Orde que simplifica a tramitación dos cambios nos ERTE por causa do COVID

O 5 de febreiro de 2021 tense publicado no Diario Oficial de Galicia a Orde do 3 de febreiro de 2021 pola que se regula o procedemento, se aproba e se dá publicidade ao modelo de comunicación de cambios de situación nos expedientes de regulación temporal de emprego por forza maior de impedimentos ou limitacións da actividade como consecuencia das modulacións nas restricións sanitarias adoptadas polas autoridades competentes vinculadas ao COVID-19 (código de procedemento TR820V).

Deste xeito, a Xunta, como autoridade laboral para a tramitación destes expedientes, arbitra un procedemento máis accesible e áxil para as persoas autónomas e empresas.

Publicación Orde no DOGTramitación sede electrónica

Mediante este mecanismo basta con que as persoas autónomas empregadoras e empresas acheguen a data de efecto do cambio, os centros e persoas afectadas e xustifiquen que as novas circunstancias son de coñecemento dos representantes das persoas traballadoras.

Incidindo neste novo procedemento de actuación, o 3 de maio de 2021 publícase no DOG a orde que modifica a publicada o 3 de febreiro de 2021, en relación co modelo de comunicación de cambios de situación dos ERTE por forza maior de impedimentos ou limitacións de actividade, integrándose os anexos I e II para este tipo de expedientes.

Publicación Orde no DOG

Información sobre medidas de prevención fronte ao coronavirus

En relación coas medidas de prevención e de seguridade sanitaria fronte ao coronavirus, o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), asume o papel de referencia en Galicia, contando cun portal web onde se concentra toda a información de referencia no ámbito da saúde e a prevención en relación con esta enfermidade. Adicionalmente, dase acceso tamén á sección do dito portal onde se fai un seguimento das restricións por concellos:

Portal Web do Sergas do CoronavirusConsulta restricións por concellos

Ademais, no ámbito da seguridade e saúde laboral, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), ten desenvolvido diverso material informativo en relación coa prevención no traballo fronte ao Coronovirus COVID-19.

Guía de recomendacións saúde laboral

Na mesma liña, o ISSGA ten publicado múltiple material informativo no ámbito de distintos sectores de actividade económica en relación coa prevención e saúde laboral polo COVID-19, tendo o acceso no seguinte enlace:

Publicacións ISSGA