O novo programa de formación Sénior dixital ten como obxectivo poñer en marcha un plan de recualificación profesional que favoreza a incorporación ao mercado laboral das persoas que, pola súa idade, teñen máis dificultades para atopar un posto de traballo.
A primeira convocatoria deste programa, froito do Acordos de Diálogo Social entre a Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e os sindicatos CCOO e UGT, conta cun orzamento de 500.000 euros e está orientado á impartición de cursos de formación de 70 horas de duración distribuídas ao longo de tres semanas e cun número máximo de 10 alumnos por edición.
As axudas desta primeira convocatoria están dirixidas a 11 empresas con experiencia no ámbito da formación e favorecerán a un total de 530 persoas desempregadas de longa duración maiores de 45 anos.
Tendo en conta que o manexo das tecnoloxías dixitais é hoxe en día indispensable para acceder ao mercado laboral, o programa Sénior dixital abordará temáticas tales como coñecemento avanzado de ferramentas open office, de xestión documental compartida na nube, de almacenaxe de información ou para o envío de grandes volumes de datos, e de traballo compartido na nube ou en streaming.
Requisitos das persoas participantes na formación
Cada persoa participante no Programa Senior Dixital deberá reunión os seguintes requisitos ao comezo da formación:
- Figurar inscrita como demandante de emprego non ocupada.
- Acreditar un período de inscrición como persoa desempregada de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores ao inicio da actividade formativa.
- Ter feitos os 45 anos.
- Preferentemente, ter superado con éxito os estudos universitarios ou de formación profesional, media ou superior.
Listaxe de empresas e forma de selección
Se reúnes os anteriores requisitos e tes interese en participar neste programa, aquí dispós da información de contacto das 11 entidades beneficiarias para formalizar a túa inscrición.
Non o dubides! Consulta a data límite de selección de cada entidade:
ENTIDADE | Nº DE PRAZAS | DATA LÍMITE SELECCIÓN | CORREO ELECTRÓNICO | TELÉFONO | WEB |
---|---|---|---|---|---|
MÉTODO ESTUDIOS CONSULTORES, S.L.U. | 50 | 4/11/2020 | milagrosvieites@metodogrupo.com | 986 220 313 | enlace |
SIGLO XXI CONSULTORES DE FORMACIÓN, S.L. | 50 | 30/10/2020 | senior.dixital@siglo21consultores.com | 881 962 182 | enlace |
ACADEMIA TRINIDAD, S.L. | 50 | 29/10/2020 | 654 825 395 | enlace | |
LIDERA KNOWLEDGE, S.L. | 50 |
30/10/2020 |
amarcos@liderak.com | 698 179 765 | enlace |
ACADEMIA A MARIÑA, S.L. | 50 | 27, 28 e 29/10/2020 | becky@amarina.org | 982 585 098 | enlace |
SMARTMIND, S.L. | 40 | 26/10/2020 | miriam@smartmind.net | 986 112 628 | enlace |
NOAINNOVA, S.L. | 40 | 11/11/2020 | desarrollo@noainnova.com | 982 804 524 | enlace |
EL SIETE FORMACIÓN, S.L. | 50 | 16/11/2020 | info@elsieteformacion.com | 986 393 034 | enlace |
NT FOR LEARNING, S.L. | 50 | 30/10/2020 | icia.iglesias@ntfor.com | 900 107 758 | enlace |
CONSULTORA MONTE ALTO, S.L.U. | 50 | 4/11/2020 | consultoramontealto@cmontealto.com | 900 812 902 | enlace |
VALADRIN, S.L. | 50 | 2/11/2020 | info@academiagalespace.com | 988 619 335 | enlace |
Infografía informativa
Na seguinte infografía tes toda a información relativa a este programa de formación.