- CV: Currículum Vitae. É a principal ferramenta de presentación que che define profesionalmente para unha candidatura a un emprego. É a expresión clara e concisa dos teus datos personais, formación, experiencia profesional e valores engadidos adaptados ao posto de emprego que optas.
- DARDE: Documento de Alta e Renovación da Demanda de Emprego. Documento acreditativo que sirve para que a persoa usuaria coñeza os seus dereitos e deberes como demandante de emprego, servindo tamén como recordatorio da data de próxima renovación.
- DNI: Documento Nacional de Identidade. Documento de identificación de todas as persoas coa nacionalidade española.
- DNI-e: Documento Nacional de Identidade electrónico. É un documento emitido pola Dirección Xeral da Policía (Ministerio do Interior) que, ademáis de acreditar documentalmente a identidade personal do seu titular, permite acreditar electronicamente e de forma inequívoca a súa identidade.
- EEE: Espazo Económico Europeo. O Espazo Económico Europeo instaurouse o 1 de xaneiro de 1994 con motivo dun acordo entre países membros da Unión Europea e da Asociación Europea de Libre Comercio, excepto Suiza.
- Emprego Galicia: É a estructura pública dependente da Xunta de Galicia que une dun modo integral e coordinado a todas aquelas unidades da administración autonómica que prestan servicios ou exercen funcións no ámbito das políticas activas de emprego, dentro do marco territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
- ETT: Empresa de Traballo Temporal. É unha empresa autorizada e, polo tanto, rexistrada que proporciona un conxunto de servizos de oferta e demanda de traballo temporal.
- EURES: EURopean Employment Services. É a rede de cooperación para o emprego e para a libre circulación de persoas traballadoras, un dos principios fundamentais da Unión Europea, como queda indicado nos artículos correspondentes do Tratado que crea a Comunidade Europea.
- FSE: é o principal instrumento financieiro da Unión Europea para fomentar o emprego nos Estados membros e promover unha maior cohesión económica e social. O gasto do FSE representa aproximadamente o 10% do presuposto total a Unión Europea.
- IEBT: Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica. É unha empresa rexistrada e cualificada como tal pola Consellería con competencias en emprego, que cumpre unha serie de características de carácter innovador, científico ou de base tecnolóxica, avaliada e apoiada por axentes de emprego especializados, dándolle a oportunidade de optar posteriormente a liñas de apoio e servizos específicos.
- IER: Iniciativa de Emprego Rural. Este tipo de proxecto empresarial innovador, ademais de cumprir cos requisitos propios dunha ILE (Iniciativa local de Emprego), ten que estar integrado nun plan de actuación conxunto elaborado pola Xunta de Galicia (a través da Consellería con competencias na materia) e dirixido a dinamizar e consolidar o emprego e a actividade económica no medio rural galego.
- IGAPE: Instituto Galego de Promoción Económica. É un organismo que depende da Xunta de Galicia e que ten como finalidade apoiar e potenciar o investimento e dinamización empresarial, poñendo a súa disposición un amplo abano de axudas económicas e financeiras, así como ferramentas e recursos técnicos cualificados.
- ILE: Iniciativa Local de Emprego. Iniciativa innovadora con efecto dinamizador de actividades económicas e xerador de emprego no ámbito ámbito local, apoiada pola Xunta de Galicia ou polas administracións locais.
- IPI: Itinerario Personalizado de Inserción. Consiste nunha serie de accións para que a persoa traballadora en desemprego mellore a súa empregabilidade e se poida reincorporar ao mercado laboral dun xeito máis rápido coa tutela e apoio de persoal técnico cualificado.
- ISSGA: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. É un organismo autónomo adscrito orgánicamente á Consellería competente en materia de emprego, que se configura como un órgano técnico en materia de prevención de riscos laborais, goza de personalidade xurídica propia, autonomía funcional e plena capacidade de obrar.
- LOPD: A Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Personal, é unha lei que ten por obxecto garantir e protexer, no que atañe ao tratamento dos datos personais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das personas físicas.
- NIE: Número de Identidade de Extranxeiro. É un código para a identificación tributaria das persoas extranxeiras en España. O goberno de España enlazou o número de NIE á residencia, que inclúe o número de NIE na tarxeta de residencia e a seguridade social en España.
- PIE: Plan Integrado de Emprego. É un servizo que ofrece orientación laboral e pon en contacto persoas demandantes con empresas co obxectivo de localizar ofertas de emprego para as personas inscritas no plan.
- RSE: Responsabilidade Social Empresarial. É unha forma de xestión e de facer negocios baixo criterios éticos e socialmente responsables, na que a empresa ocúpase de que as súas operacións sexan sustentables no económico, o social e o ambiental, recoñecendo os intereses dos distintos grupos cos que se relaciona e buscando a preservación do medio ambiente e a sustentabilidade das xeracións futuras.
- SEPE: Servizo Público de Emprego Estatal. É o organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Empleo y Seguridad Social, que, xunto cos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas forma o Sistema Nacional de Emprego.
- SPAM: Correo electrónico non solicitado que se envía a un gran número de destinatarios con fins publicitarios ou comerciais.
- TRLGSS: Texto Refundido de la Ley General de la Seguridad Social.
- WAI: Web Accessibility Initiative ou Iniciativa para a Accesibilidade Web é unha rama do World Wide Web Consortium que vela pola accesibilidade da Web.
- WCAG: Web Content Accessibility Guidelines. Son as pautas de accesibilidade do contido na Web do World Wide Web Consortium.