Aberto o prazo para obter o recoñecemento da experiencia profesional para aquelas persoas con experiencia nunha ocupación e/ou formación non oficial que queiran acreditar a súa competencia de xeito oficial.
Xa publicada a listaxe dos obradoiros duais de emprego concedidos 2020-2021. Consulta os programas e as especialidades dispoñibles nesta nova convocatoria.
Se queres optar a participar nun programa de formación en alternancia coa práctica profesional remunerada consulta estes programas concedidos para o período 2020-2021.
Emprego Galicia pon en marcha un programa para axudarche a adquirir os coñecementos dixitais básicos para mellorar a túa empregabilidade e o teu proceso de busca de emprego.