Imx_logos_formacion

 

O Plan anual 2022 para o persoal do Servizo Público de Emprego de Galicia forma parte do proxecto "Plan de Formación Permanente para o persoal do SNE (2021- 2023)", financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

O citado proxecto enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España, e está incluído na Política Panca VIII. "Nova economía dos coidados e políticas de emprego", Compoñente 23. "Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo", Investimento 5. "Gobernanza e impulso ás políticas de apoio á activación para o emprego".

Este Plan anual contribúe ao cumprimento do obxectivo nº 348 incluído na "Proposta de DECISIÓN DE EXECUCIÓN DO CONSELLO relativa á aprobación da avaliación do plan de recuperación e resiliencia de España", de 16 de xuño de 2021, aprobada definitivamente polo Consello da Unión Europea o 13 de xullo de 2021. Ademais, este Plan ten en conta todos os requirimentos establecidos nas Disposicións Operativas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para o citado obxectivo.

As accións formativas que se ofertan para as persoas empregadas públicas teñen por obxecto mellorar as súas competencias e prestar un apoio máis eficaz aos solicitantes de emprego. As características da formación recóllense nos correspondentes programas formativos (Ficha), nos que se inclúe, entre outros aspectos, a denominación da acción formativa, así como os seus obxectivos, contido e duración.

A continuación, se presenta a relación de fichas das unidades formativas:

AC01P011 Introdución ás prestacións por desemprego
AC03P006 Claves da prospección de emprego
AC03P007 Fundamentos da orientación laboral aberta
AC04P002 Iniciación á intermediación laboral
AC04P003 Avanzado en intermediación laboral
AC04P004 Inscrición das persoas estranxeiras no servizo público de emprego
AC05P004 Certificados de profesionalidade: que son e para que serven
AC09P004 Atención á cidadanía no servizo público de emprego
AC12P008 Linguaxe administrativo non sexista e imaxe igualitaria na práctica do servizo público de emprego

 

As persoas inscritas que completen a acción formativa obterán o certificado oficial correspondente