A Xunta de Galicia ten posto en marcha a segunda edición do Programa Retorna Cualifica Emprego, promovendo para o ano 2025 un conxunto de medidas dirixidas a facilitar e apoiar a atracción do talento das persoas emigrantes que desexen retornar a Galicia.
Deste xeito, búscase acadar un dobre obxectivo: por un lado, promover oportunidades para que as persoas galegas residentes no exterior que desexen retornar a Galicia poidan facelo cun proxecto vital e profesional sólido e con garantías e, por outro, apoiar ás empresas galegas para que poidan identificar o talento que precisan nas súas organizacións para os retos futuros dos seus negocios en calquera parte do mundo.
O Programa Retorna Cualifica Emprego facilita de xeito coordinado, unha canle para acompañar ás empresas na identificación e busca dese talento, recompilando e difundindo entre a colectividade de persoas emigrantes galegas todos aqueles compromisos de contratación que desexen promover, ao tempo que achega un conxunto de servizos e apoios económicos para facilitar o retorno das persoas galegas residentes no exterior para que poidan voltar a Galicia coas máximas garantías para facilitar o seu asentamento e desenvolvemento laboral.
Para todo elo, a Xunta de Galicia contará coa colaboración de entidades xestoras que acheguen a súa experiencia tanto na xestión e desenvolvemento de programas de formación e cualifación para o emprego e a atracción do talento como en actividades de asesoramento e asistencia técnica en procesos de selección de talento, ao tempo que contan con capacidade, solvencia, eficacia e recursos humanos e materiais suficientes para a realización, organización e coordinación das actividades a desenvolver dentro do Programa Retorna Cualifica Emprego para este ano 2025.
Polo tanto, se ti es unha persoa galega residente no exterior e desexas máis información sobre o Programa Retorna Cualifica Emprego, a podes consultar accedendo ao seguinte enlace:
Se es parte dunha empresa ou entidade empregadora, invitámosche a que consultes máis información sobre o Programa no seguinte enlace:
E se es parte dunha entidade sen ánimo de lucro con experiencia neste ámbito, invitámosche tamén a recabar máis información accedendo ao seguinte enlace: