O EMPREGO AUTÓNOMO
O emprego autónomo ten unha extraordinaria importancia en Galicia e, como consecuencia desta, dende a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración queremos apoiar ás persoas que se deciden por esta vía como forma de desenvolvemento profesional, axudándolles tanto na posta en marcha da súa actividade como na súa consolidación e crecemento.
Este apoio desenvolveuse ata o ano 2020 a través da Estratexia Autónomo 2020 a que chegou ao seu fin coincidindo coa aparición da pandemia e co posterior período de grande incerteza, achegando un escenario económico e laboral moi inestable, con cambios normativos e novas restricións case de xeito diario.
Unha vez superados eses momentos máis complicados, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración abordou, xunto coas asociacións máis representativas do traballo por conta propia presentes na Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, a Estratexia Impulso Autónomo Horizonte 27 na que se focalizan as canles e propostas para aumentar as competencias emprendedoras, impulsar a creación de empresas e iniciativas de traballo por conta propia sustentables e fomentar un mercado de traballo inclusivo.
Así, nesta Estratexia Impulso Autónomo están definidas as actuacións e programas para continuar a potenciar a senda emprendida para consolidar a Galicia como o mellor contorno para promover iniciativas de emprego autónomo de calidade, competitivas, seguras e duradeiras, comprometendo un nivel de investimentos e de instrumentos acordes co papel que este tipo de emprego ten na súa economía e sociedade.
Podes consultar a Estratexia Impulso Autónomo Horizonte 27 no seguinte enlace:
Deste xeito, o apoio da Xunta de Galicia ao emprego autónomo maniféstase moi amplo, dende axudas e incentivos convocados periodicamente para a promoción e actividades iniciais ou de arranque, para facer fronte ás súas cotizacións sociais ou para fomentar a contratación de persoal, ata axudas para a súa mellora competitiva, mediante formación continua e outras ferramentas especialmente deseñadas para este colectivo e para o seu desenvolvemento e crecemento para acadar un emprego autónomo de máxima calidade.
Para dar visibilidade e accesibilidade a esta estratexia e ás demais iniciativas e contidos de valor para as persoas traballadoras autónomas, podes acceder ao portal web da Oficina virtual do emprego autónomo, espacio centrado única y exclusivamente en este colectivo:
"A Xunta de Galicia comprométese co papel do emprego autónomo na nosa economía real e cotiá, axudando á creación deste tipo de riqueza e benestar social e á súa consolidación como un emprego de máxima calidade" |