A ENTREVISTA DE SELECCIÓN. Linguaxe verbal
Estas son algunhas das pautas básicas que debes ter en conta en relación coa túa linguaxe ou comportamento verbal:
-
Prepara a argumentación.
-
Expón cun ton, volume, claridade e fluidez verbal axeitados.
-
Reformula positivamente: argumenta transformando o negativo en positivo e converte os puntos débiles en vantaxes.
-
Escoita atentamente e pide aclaracións.
-
Utiliza unha linguaxe adecuada e elaborada.
-
Non utilices xergas, nin refráns.
-
Que as túas respostas demostren entusiasmo polo traballo.
-
Contesta sen agresividade: non consideres as preguntas como ataques persoais, senón como unha oportunidade para demostrar que es a persoa axeitada para o posto.
-
As respostas non deben contemplar críticas cara aos teus anteriores traballos.
-
Relaciona as respostas co traballo ao que optas.
-
Prepara os teus puntos fortes e intenta que saian na conversa.
-
Fai preguntas relacionadas co posto, a empresa e o traballo.