Os programas de emprego para persoas mozas, cofinanciados polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027 ao 60% e Fondo Finalista do Estado ao 40% no marco do Plan Garantía Xuvenil Plus 2021-2027, configúranse como aqueles programas de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.
As entidades promotoras dos programas serán os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello de Galicia. A Xunta de Galicia subvencionará os gastos derivados da posta en marcha e desenvolvemento do programa e os custos de contratación das persoas mozas participantes.
A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de 12 meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
Nos contratos para a formación en alternancia que a entidade promotora subscriba co alumnado participante nos programas de emprego, a Xunta de Galicia subvencionará o 100 % do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Así mesmo, tamén subvencionará a totalidade das cotas por conta da persoa empregadora correspondentes á seguridade social, fondo de garantía salarial e desemprego previstas para os ditos contratos na súa normativa específica.
Requisitos para poder participar
Los requisitos para participar son los siguientes:
- Ter dezaoito ou máis anos de idade.
- Estar inscrito/a e en situación de persoas beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e ademais deberán manter o cumprimento dos requisitos para ser considerada persoa beneficiaria con carácter previo a participar nun programa dual de emprego.
- Poder realizar un contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado ao programa mediante un contrato de tales características.
- No caso de que a formación vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, deben cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados (formación académica ou no seu defecto as competencias clave que correspondan).
Forma de selección
A selección do alumnado, así como a do persoal directivo, docente e administrativo de apoio participante en cada programa de emprego será realizada pola entidade promotora.
Se és unha persoa inscrita no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e estás interesada en participar nun destes programas, non dubides en consultar directamente á entidade promotora ou á túa oficina de emprego.
Lembra, ademais, que a solicitude de participación en programas duais de emprego pode realizarse de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia:
LISTAXE DE PROGRAMAS DE EMPREGO PARA PERSOAS MOZAS CONCEDIDOS 2024 - 2025
Para facilitar a busca dos datos do teu interese, utiliza a caixa de busca (que busca en todas as columnas o texto que introduzas). Tamén podes ordear as columnas por orde alfabético (da A á Z, pulsando unha vez no título da columna que desexes ordear, ou da Z á A, se pulsas dúas veces no título da columna que desexes ordear).
PROVINCIA | ENTIDADE LOCAL PROMOTORA | CONCELLOS ASOCIADOS (de ser o caso) | NOME PROGRAMA DE EMPREGO | CERTIFICADO/S PROFESIONALIDADE - ESPECIALIDADES | NIVEL CERTIFICADO/S |
A Coruña | Concello de Boiro | A Pobra do Caramiñal-Rianxo | Xuventude I | IFCT0108 - Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos | 1 |
A Coruña | Concello de Santiago de Compostela | Genius | IFCD0210 - Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web | 3 | |
A Coruña | Concello de Santiago de Compostela | Genius | IMSV0209 - Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos | 3 | |
A Coruña | Concello de Santa Comba | A Baña-Negreira-Val do Dubra | Xuvenil 2024 | AGAR0309 - Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes | 1 |
A Coruña | Concello de Santa Comba | A Baña-Negreira-Val do Dubra | Xuvenil 2024 | AGAO0108 - Actividades auxiliares en viveiros, xardins e centros de xardinaria | 1 |
A Coruña | Concello de Betanzos | Abegondo-Carral-Coirós-Paderne | Coidados Sociosanitarios | SSCS0208 - Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais | 2 |
A Coruña | Concello de Betanzos | Abegondo-Carral-Coirós-Paderne | Coidados Sociosanitarios | SSCS0108 - Atención sociosanitaria a persoas no domicilio | 2 |
A Coruña | Concello de Rois | Padrón- Dodro | Xuventude Terras de Iria 2024 (Dodro Padrón Rois) | ARGP0110 - Tratamento e maquetación de elementos gráficos en preimpresión | 2 |
A Coruña | Concello de Fene | Ares-Cabanas- Mugardos | Inicia VIII | FMEC0108 - Fabricación e montaxe de instalacións de tubería industrial | 2 |
Lugo | Concello de Ribadeo | Barreiros | Máis Emprego | AGAO0208 - Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes | 2 |
Lugo | Concello de Ribadeo | Barreiros | Máis Emprego | SSCB0110 - Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais | 3 |
Ourense | Concello do Carballiño | Boborás-Maside | Agrupación Carbosam 2024-2025 | MAMD0209 - Traballos de carpintería e moble | 1 |
Ourense | Concello do Carballiño | Boborás-Maside | Agrupación Carbosam 2024-2025 | AGAO0108 - Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería | 1 |
Ourense | Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense | Manco Xove VII | SSCS0208 - Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais | 2 | |
Ourense | Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense | Manco Xove VII | AGAR0208 - Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas | 2 | |
Pontevedra | Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo | Maiv Garantía Xuvenil 2024 | ARGG0110 - Deseño de produtos gráficos | 3 | |
Pontevedra | Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo | Maiv Garantía Xuvenil 2024 | IMSV0209 - Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos | 3 | |
Pontevedra | Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo | Maiv Garantía Xuvenil 2024 | ADGD0210 - Creación e xestión de microempresas | 3 | |
Pontevedra | Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo | Maiv Garantía Xuvenil 2024 | SSCB0109 - Dinamización comunitaria | 3 | |
Pontevedra | Concello de Moraña | Portas-Valga | Xóvenes Moraña Portas Valga I | EOCB0209 - Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización | 1 |
Pontevedra | Concello de Moraña | Portas-Valga | Xóvenes Moraña Portas Valga I | EOCB0208 - Operacións auxiliares de albenelería de fábricas e cubertas | 1 |
Pontevedra | Concello de Moraña | Portas-Valga | Xóvenes Moraña Portas Valga I | EOCB0108 - Fábricas de albanelería | 2 |
Pontevedra | Concello de Moraña | Portas-Valga | Xóvenes Moraña Portas Valga I | AGAR0309 - Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes | 1 |
Pontevedra | Concello de Moraña | Portas-Valga | Xóvenes Moraña Portas Valga I | AGAR0208 - Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas | 2 |
Pontevedra | Concello de Ponteareas | Compromiso Xuvenil | HOTI0108 - Promoción turística local e información ao visitante | 3 | |
Pontevedra | Concello de Ponteareas | Compromiso Xuvenil | SSCB0209 - Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil | 2 | |
Pontevedra | Concello de Ponteareas | Compromiso Xuvenil | SSCB0211 - Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil | 3 | |
Pontevedra | Concello de Ponteareas | Compromiso Xuvenil | SSCB0110 - Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais | 3 | |
Pontevedra | Concello de Lalín | Programa de Emprego para Xovenes Amorea | COML0309 - Organización e xestión de almacéns | 3 | |
Pontevedra | Concello de Lalín | Programa de Emprego para Xovenes Amorea | COML0210 - Xestión e control do aprovisionamento | 3 | |
Pontevedra | Concello do Porriño | O Noso Encontro co Emprego | EOCB0209 - Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización | 1 | |
Pontevedra | Concello do Porriño | O Noso Encontro co Emprego | EOCH0108 - Operacións de formigón | 1 | |
Pontevedra | Concello do Porriño | O Noso Encontro co Emprego | EOCB0211 - Pavimentos e albanelería de urbanización | 2 | |
Pontevedra | Concello do Porriño | O Noso Encontro co Emprego | MAMD0209 - Traballos de carpintería e moble | 1 | |
Pontevedra | Concello do Porriño | O Noso Encontro co Emprego | MAMR0308 - Mecanizado de madeira e derivados | 2 | |
Pontevedra | Concello do Porriño | O Noso Encontro co Emprego | MAMD0109 - Aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble | 1 | |
Pontevedra | Mancomunidade de Concellos do Val Miñor | O.E. Pedras do Miñor III | EOCB0109 - Operacións auxiliares de revestimentos continuos na construción | 1 | |
Pontevedra | Mancomunidade de Concellos do Val Miñor | O.E. Pedras do Miñor III | EOCB0108 - Fábricas de albanelería | 2 | |
Pontevedra | Mancomunidade de Concellos do Val Miñor | O.E. Pedras do Miñor III | IEXD0409 - Colocación de pedra natural | 2 |
Acceso á convocatoria
Por último, a continuación se dispón do enlace para acceder á publicación da convocatoria para maior información.