QUE SON OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE
Os certificados de profesionalidade son unha forma que pon a disposición a Consellería das persoas traballadoras ou demandantes de emprego para acreditar con carácter oficial as competencias profesionais que las capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral, e con eles trátase de proporcionar a aquelas a formación requirida polo sistema produtivo.
Os requisitos para acceder a un certificado de profesionalidade dependen do nivel de cualificación que se esixa en cada caso, de acordo cos seguintes niveis:
As vías para poder obter un certificado de profesionalidade son:
- Superar os módulos formativos que integran o certificado de profesionalidade.
- Acceder ao procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
Estes procedementos para a avaliación son convocados periodicamente pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Tamén é conveniente coñecer o procedemento de tramitación dos certificados de profesionalidade e das acreditacións parciais acumulables (acreditación de unidades de competencia), poñendo a túa disposición o enlace á Orde que o regula no seguinte enlace:
Procedemento expedición certificados
Para saber máis sobre os certificados de profesionalidade, a súa regulación e a convocatoria de procedementos de avaliación, consulta a web da Consellería:
E neste outro enlace podes acceder á publicación "Profesións reguladas" (en galego e actualizado a outubro 2018) onde se recolle o inventario de ocupacións que requiren dunha habilitación profesional para traballar:
Nela se recollen referencias normativas, encadramento dentro dunha familia profesional e, no seu caso, a posibilidade de adquirir algunha delas a través de certificados de profesionalidade.