O PROCESO DE BUSCA DE EMPREGO. Infórmate
No eido laboral, tes que utilizar distintas fontes de información que che poñan en contacto co mercado. As principais poderán ser as seguintes:
Empresas de traballo temporal. Estas son empresas que realizan contratos temporais para a posta a disposición das persoas contratadas ao servizo de terceiras empresas. Tes máis información no seguinte enlace:
Axencias de colocación. Estas entidades son aquelas que realizan actividades de intermediación laboral que teñen como finalidade proporcionar ás persoas traballadoras un emprego acorde coas súas características. Tes máis información no seguinte enlace:
Portais privados de emprego en Internet.
Anuncios de prensa.
Emprego público. Tamén tes a túa disposición a posibilidade de buscar emprego nalgunha administración pública. Se este é o teu caso, no seguinte enlace tes un buscador para localizar as convocatorias de emprego público que máis che poidan interesar.
Outras fontes de información, como amizades, familiares e outras persoas coñecidas.