Contacta coas empresas que pensas que poden necesitar un perfil como o teu ou que poden ofrecerche traballo:

  • Envía currículos, segundo o teñas planificado, ás empresas que teñas elixido.

  • Aproveita as posibilidades do correo electrónico, pero non esquezas o correo postal.

  • Se é posible, realiza a entrega de xeito persoal.

  • Tira partido do potencial da Internet.

  • En relación a este último punto, ten en conta que a aparente informalidade que rodea o mundo da Internet non implica que se descoiden as formas nin os documentos que achegas á empresa vía o seu enderezo electrónico. As cartas de presentación seguen sendo necesarias.

  • Se envías o teu currículo por correo electrónico convén que se trate dun arquivo non moi extenso. Datos imprescindibles: formación, experiencia laboral, idiomas, coñecementos de ofimática e as túas posibilidades de mobilidade xeográfica.

  • A carta de presentación debe ir no texto do corpo do correo electrónico e o currículo como arquivo adxunto.

  • É fundamental comprobar que o arquivo que se envía non conteña ningún virus.

  • Indica claramente no asunto da mensaxe a referencia da oferta de traballo, ou na súa falta, o tipo de traballo ao que queres optar, que axudará moito á súa clasificación.

  • A permanencia dun currículo nunha base de datos é de aproximadamente 6 meses, por iso non é conveniente que renoves a túa candidatura antes (a non ser que haxa cambios importantes no teu CV), xa que o único que conseguirás será duplicar os datos e confundir á empresa que xestiona a oferta de emprego.