A primeira vez que te inscribas, e sempre que cambies a situación da túa demanda á de alta, obterás unha tarxeta que é o Documento Acreditativo do teu Rexistro como Demandante de Emprego (DARDE).

Neste documento especifícanse unhas datas concretas nas que debes realizar a renovación da túa demanda para poder continuar en situación de alta en Emprego Galicia e, polo tanto, poder participar de todos os seus servizos.

Como podo acreditar a miña condición de demandante de emprego?

A acreditación da condición de demandante de emprego se obtén mediante o DARDE. Sempre que obteñas un novo DARDE é importante que verifiques as datas de renovación, pois estas puideron cambiar como consecuencia dun período de baixa ou de suspensión pola realización dun curso, etc.

Para realizar a túa inscrición como demandante de emprego en Emprego Galicia nalgunha das nosas oficinas, será preciso que achegues o teu documento de identidade (Documento Nacional de Identidade ou Número de Identidade de Extranxeiro) ou pasaporte.

Lembra que no caso de ser menor de idade (*), será preciso contar tamén coa autorización para a inscrición que podes descargar no seguinte enlace:

Modelo de autorización para menores de 18 anos

(*) Nota: Nesta situación, para realizar a túa inscrición inicial, deberás acudir acompañado/a dunha das persoas que ostenten a túa patria potestade ou tutela.

Debo renovar a miña inscrición?

Se es demandante de emprego en situación de alta, efectivamente tes que renovar a túa inscrición. Para isto, con carácter periódico, nas datas indicadas no DARDE debes renovar a túa inscrición como demandante de emprego.

A non renovación na data indicada pode ter serias consecuencias se percibes prestacións por desemprego, xa que ao non renovala pasarás a situación de baixa, e esta é unha das causas polas cales podes recibir unha sanción, consistente no cesamento do pagamento da prestación. Por favor, mantén moita atención a este trámite.

Podes informarte neste enlace para obtener un maior detalle sobre a forma de renovar a túa demanda.

Debo facer algo máis que inscribirme?

Para que nos poidamos dirixir a ti dende Emprego Galicia ofrecéndoche servizos adaptados ás túas necesidades, ademais de inscribirte debes acudir ao proceso de clasificación no que, mediante unha entrevista persoal e individualizada, o persoal especializado do noso servizo poderá determinar con precisión o teu perfil ocupacional así como a túa empregabilidade e a túa dispoñibilidade para acceder a unha ocupación.

Por último, lembra que para acceder aos nosos servizos podes facelo de forma presencial ou, nalgúns casos, a través da Internet:

A inscrición en Emprego Galicia. 1. Atención presencial

A inscrición en Emprego Galicia. 2. Atención por Internet