COMPETENCIAS CLAVE PARA OS CERTIFICADOS
Os certificados de profesionalidade supoñen unha ferramenta cada vez máis importante para a mellora da empregabilidade das persoas traballadoras que os posúen.
A norma que regula cada certificado de profesionalidade determina as condicións de acceso nas que os módulos formativos poderán ser ofertados nas distintas modalidades, en función da natureza dos contidos e dos colectivos destinatarios.
En base a isto, as persoas que accedan ás accións de formación dos certificados de profesionalidade de nivel 1 de cualificación non se lles esixirán requisitos académicos nin profesionais. Sen embargo, ao alumnado que acceda ás accións de formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación se lles esixirá certas competencias que poderanse demostrar polas seguintes vías:
-
Que pusúan determinados niveis formativos.
-
Que teñan superados os cursos específicos de competencias clave que se ofertan periodicamente e que podes consultar no noso buscador de formación.
-
Que teñan superadas as probas de competencias clave.
Por iso, co obxectivo de facilitar o acceso á formación ao emprego das persoas traballadoras que carecen da ESO ou do bacharelato, a Xunta de Galicia convoca desde o ano 2008 e con periodicidade mínima anual, as probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.
Convocatoria de probas competencias clave
Para que poidas prepararte, ao teu ritmo en modo de autoformación, de cara a superar as probas libres de competencias clave que convoca anualmente a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, tes a túa disposición no Campus Virtual de Emprego os oito cursos relacionados cos niveis 2 e 3 das competencias clave. Ten en conta que a realización desta formación non conduce á obtención da competencia clave correspondente! Para iso terás que superar o exame oficial da convocatoria correspondente. Esta formación en liña é unha canle de apoio e axuda para procurar a mellor preparación posible de cara ás probas libres. Aproveita estes contidos! |
Acceso ao Campus Virtual de Emprego
No seguinte enlace tes o manual informativo sobre como acceder ao Campus Virtual de Emprego.
Manual informativo para acceder ao Campus
Neste outro enlace, tes o manual de usuario para saber como navegar a través dos contidos formativos de cada curso de competencias clave do Campus Virtual de Emprego.
Manual de navegación nos cursos de competencias clave
Por último, para que poidas coñecer con maior detalle os contidos e pautas de funcionamento destes cursos dentro do Campus Virtual, no seguinte botón tes acceso a un documento informativo sobre os mesmos.