Relación completa de axencias privadas de colocación
As axencias de colocación son aquelas entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que, en coordinación e, no seu caso, colaboración co servizo público de emprego correspondente, realizan actividades de intermediación laboral que teñen como finalidade proporcionar ás persoas traballadoras un emprego acorde coas súas características e facilitar ás entidades empregadoras as persoas trabaladoras máis apropiadas aos seus requirimentos e necesidades.
No seguinte enlace poderás acceder á relación completa das axencias privadas de colocación que están autorizadas para operar en Galicia e no resto de Comunidades Autónomas:
A relación de axencias privadas de colocación
As Empresas de Traballo Temporal (ETT)
Por último, de xeito complementario ás axencias privadas de colocación, pode resultarche de interese o listado de empresas de traballo temporal ou ETT, aquelas que realizan contratos temporais para a posta a disposición das persoas contratadas ao servizo de terceiras empresas que teñen necesidades puntuais de persoal.