A SEAGA (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.) vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a apertura do prazo de actualización de méritos por parte dos integrantes das listas previas e/ou, de ser o caso, das novas persoas candidatas a ser incluídas nas mesmas:

  • Enxeñeiro/a de Montes
  • Enxeñeiro/a Agrónomo
  • Enxeñeiro/a Técnico Forestal
  • Enxeñeiro/a Técnico Agrícola
  • Enxeñeiro/a de Camiños, Canles e Portos
  • Enxeñeiro/a Técnico de Obras Públicas
  • Arquitecto/a
  • Arquitecto/a Técnico
  • Capataz
  • Xefe de Brigada
  • Maquinista-condutor
  • Peón Especialista
  • Peón
  • Oficial Administrativo
  • Auxiliar Administrativo
  • Licenciado/a en Dereito
  • Biólogo/a
  • Técnico/a de Laboratorio
  • Titulado/a en Ciencias do Mar
  • Licenciado/a en Económicas

Documentación a presentar:

O proceso de cualificación das novas persoas candidatas, e actualización de méritos dos integrantes das listas previas, axustarase ao disposto nas bases xerais e bases específicas da correspondente convocatoria para cada categoría profesional:

  • No caso de integrantes das listas previas que só desexen actualizar méritos, estes deberán achegar a documentación acreditativa dos mesmos que se axuste ao recollido nas bases específicas para a correspondente categoría profesional.
  • No caso de novas persoas candidatas, estas deberán achegar a documentación que para cada categoría profesional se recolle no apartado "Solicitudes" das correspondentes bases específicas.

A actualización dos méritos serán computables ata o día 30 de setembro do 2019.

No caso das persoas traballadoras que prestaran ou presten servizos en SEAGA a esa data, a actualización de méritos correspondentes aos períodos traba liados nesta empresa efectuarase de oficio por parte de SEAGA.

Lugar de presentación:

As solicitudes ou actualización de méritos dirixiranse ao Director-Xerente de SEAGA, e a súa presentación poderase facer por dúas vías:

Nas oficinas de rexistro de SEAGA, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, sitas en:

  • Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela (tamén de luns a xoves en horario de 15:30 a 17:30h)
  • Polígono do Ceao, Rúa dos Carros, parcela 17, 27003 - Lugo
  • Pol. San Cibrao das Viñas, Sector C, Rúa Ricardo Martín Esperanza (Rúa 1) Parcela I-G Nave 3, 32911 - San Cibrao das Viñas (Ourense)
  • Lugar Cabanas-Salcedo, nº 54, 36143 - Pontevedra
  • Estrada N. VI, Km 58 1, 15640 Guísamo - Bergondo (A Coruña)

Nas oficinas do Organismo Estatal de Correos mediante correo certificado con acuse de recibo debendo, neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, remitir vía Fax, ao número 881 997 334, acreditación da dita presentación, que comprende tanto o resgardo acreditativo do envío que se entrega ao cliente por parte do Organismo Estatal de Correos como a copia da solicitude ao proceso de selección.

O prazo de presentación e actualización de méritos estará aberto ata o 31 de outubro de 2019.

Máis información no teléfono 981 546 127 e tamén no seguinte enlace:

Portal web SEAGA