Aviso importante: Lembre que, como medida para favorecer ás persoas demandantes de emprego e evitar desprazamentos, a renovación da demanda non será necesaria ata a partires do día 31 de decembro de 2020.

 

Descargable informativo con enlaces de interese.

 

Preguntas frecuentes demandantes Covid-19

 

MEDIDAS ORGANIZATIVAS NA REDE DE OFICINA DE EMPREGO

A partir do día 1 de xullo, a rede de oficinas de emprego da Xunta de Galicia retomou a súa atención ao público, no seu horario habitual, de 9 ás 14 horas.

A reapertura realizouse en plenas condicións de seguridade e saúde despois da implementación da Guía de recomendacións de seguridade e saúde fronte ao coronavirus Covid-19, específica para oficinas de emprego, elaborada polo Instituto de Seguridade e Saúde de Galicia (ISSGA).

Guía de prevención Oficinas de empregoCartel información medidas prevención

Entre outras medidas, instaláronse biombos protectores, dispensadores automáticos de hidroxel na entrada de todas as oficinas e, de xeito obrigatorio, todas as persoas que accedan ás oficinas deberán portar unha máscara.

Ademais, para garantir un adecuado control de aforo e organizar de forma axeitada os servizos á cidadanía, a atención presencial realizarase exclusivamente a través do sistema de cita previa:

Solicitude de cita previa

MEDIDAS DE APOIO PARA AS PERSOAS AFECTADAS POLOS ERTE

PROGRAMA DE ANTICIPOS DA PRESTACIÓN DERIVADA DUN ERTE

Importante! Prazo de solicitude pechado o 31 xullo de 2020

A Xunta de Galicia tivo unha liña de apoios para que cada persoa traballadora galega que se atopase acollida dentro de un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) autorizado e que aínda non cobrara as prestacións por desemprego poidera recibir, de forma inmediata, un anticipo de ata dúas mensualidades, cun tope mensual de 750 euros.

O convenio, acordado con determinadas entidades financeiras, permitiu ás persoas traballadoras solicitar un adianto ata que a Administración estatal realizase os pagos correspondentes. Os ditos adiantos estiveron libres de xuros e de comisións.

Así, puideron ser beneficiarias desta liña todas as persoas que prestaban os seus servizos laborais en Galicia, que estiveran incluídas nun ERTE aprobado como consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID-19 e que aínda non recibiran as prestacións que lle correspondían.

As contías dos anticipos establecéronse en función das mensualidades que cada persoa traballadora tiña pendente de cobro e puideron chegar ata 750 euros ao mes, no caso de persoas con contratos a xornada completa e afección do ERTE ao 100% da xornada. Se o contrato era a tempo parcial ou o ERTE afectase só a unha parte da xornada, o adianto reducíase proporcionalmente. 

As entidades bancarias adscritas ao programa foron:

  • Abanca
  • Caixa Rural Galega
  • Caixabank
  • Banco Sabadell

No caso de que a túa entidade non figure na relación, podes consultarle directamente.

Amplía a información sobre este programa no seguinte enlace:

Información sobre como tramitar o anticipo ERTE

 

INFORMACIÓN SOBRE A TRAMITACIÓN DA PRESTACIÓN ECONÓMICA DERIVADA DUN ERTE

Un dos pasos que se teñen que realizar para a autorización e posta en marcha dun ERTE é a da comunicación das prestacións económicas que lles corresponde ás persoas traballadoras que se inclúen nel, sexa por unha suspensión de contrato ou por unha redución de xornada.

Na situación que estamos a vivir pola incidencia do COVID-19 no ámbito laboral, a tramitación destas prestacións tense modificado excepcionalmente para que exista unha única canle de comunicación ante a administración, reducindo así os tempos e os pasos a realizar para recoñecer o pagamento das mesmas.

Na seguinte infografía informámosche dos pasos necesarios para obter a prestación económica derivada dun ERTE iniciado como consecuencia do COVID-19.

Preguntas frecuentes demandantes Covid-19

 

MEDIDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS TRANSFRONTEIRIZAS (Galicia - Norte de Portugal)

Se o teu caso é o de unha persoa traballadora transfronteiriza e estás afectada por un ERTE (en Galicia) ou por un LAY OFF (en Portugal) podes acceder á información e á prestación de desemprego dende o seguinte enlace:

Prestación desemprego EURES-T G-NP

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

Se queres ampliar información sobre as medidas sobre prestacións e subsidios postos en marcha polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) consulta o seguinte enlace:

Medidas SEPE

 E podes consultar toda a información e recomendacións sobre o COVID-19 na páxina web específica habilitada polo SERGAS en relación co coronavirus:

Portal do SERGAS sobre o coronavirus

 Desde Emprego Galicia iremos actualizando toda esta información á medida que se desenvolva esta situación de emerxencia.

 

 

As oficinas de emprego da Xunta de Galicia están xa abertas ao público dende do 1 de xullo de 2020.

Solicita a túa cita previa neste enlace.