Os programas de emprego para persoas mozas, cofinanciados polo Fondo Social Europeo Plus 2021-2027 ao 60% e Fondo Finalista do Estado ao 40% no marco do Plan Garantía Xuvenil Plus 2021-2027, configúranse como aqueles programas de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Imaxe Garantía xuvenil

As entidades promotoras dos programas serán os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello de Galicia. A Xunta de Galicia subvencionará os gastos derivados da posta en marcha e desenvolvemento do programa e os custos de contratación das persoas mozas participantes.

A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de 12 meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

Nos contratos para a formación en alternancia que a entidade promotora subscriba co alumnado participante nos programas de emprego, a Xunta de Galicia subvencionará o 100 % do salario mínimo interprofesional, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Así mesmo, tamén subvencionará a totalidade das cotas por conta da persoa empregadora correspondentes á seguridade social, fondo de garantía salarial e desemprego previstas para os ditos contratos na súa normativa específica.

Requisitos para poder participar

Los requisitos para participar son los siguientes:

  • Ter dezaoito ou máis anos de idade.
  • Estar inscrito/a e en situación de persoas beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e ademais deberán manter o cumprimento dos requisitos para ser considerada persoa beneficiaria con carácter previo a participar nun programa dual de emprego.
  • Poder realizar un contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado ao programa mediante un contrato de tales características.
  • No caso de que a formación vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, deben cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados (formación académica ou no seu defecto as competencias clave que correspondan).

Forma de selección

A selección do alumnado, así como a do persoal directivo, docente e administrativo de apoio participante en cada programa de emprego será realizada pola entidade promotora.

Se és unha persoa inscrita no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e estás interesada en participar nun destes programas, non dubides en consultar directamente á entidade promotora ou á túa oficina de emprego.

Lembra, ademais, que a solicitude de participación en programas duais de emprego pode realizarse de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Emprego Galicia:

 

 

LISTAXE DE PROGRAMAS DE EMPREGO PARA PERSOAS MOZAS CONCEDIDOS 2023 - 2024

Para facilitar a busca dos datos do teu interese, utiliza a caixa de busca (que busca en todas as columnas o texto que introduzas). Tamén podes ordear as columnas por orde alfabético (da A á Z, pulsando unha vez no título da columna que desexes ordear, ou da Z á A, se pulsas dúas veces no título da columna que desexes ordear).

PROVINCIA ENTIDADE LOCAL PROMOTORA CONCELLOS ASOCIADOS NOME PROGRAMA DE EMPREGO CERTIFICADO/S PROFESIONALIDADE - ESPECIALIDADES NIVEL CERTIFICADO/S
           
A Coruña Concello da Coruña Culleredo Unha Ventá ao Porto Medieval da Coruña IMST0109 / Produción fotográfica 3
A Coruña Concello da Coruña Culleredo Unha Ventá ao Porto Medieval da Coruña SSCB0110 / Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais 3
A Coruña Concello de Betanzos Abegondo, Paderne e Coirós Coidados na Dependencia SSCS0108 / Atención sociosanitaria a persoas no domicilio 2
A Coruña Concello de Betanzos Abegondo, Paderne e Coirós Coidados na Dependencia SSCS0208 / Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais 2
A Coruña Concello de Fene Ares, Mugardos e Cabanas Inicia VII FMEC0108 / Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxes industriais 2
A Coruña Concello de Rois Dodro e Padrón Xuventude Terras de Iria 2023(Dodro-Padrón-Rois) IFCD0110 / Confección e publicación de páxinas Web 2
A Coruña Concello de Santiago de Compostela   Appventurers IFCD0210 / Desenvolvemento aplicacións con tecnoloxía WEB 3
A Coruña Concello de Santiago de Compostela   Appventurers IMSV0209 / Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos 3
A Coruña Concello de Val Do Dubra Santa Comba, Negreira e A Baña Xuventude 2023 SSCB0209 / Dinamización de actividades de tempo libre educación infantil e xuvenil 2
A Coruña Concello de Val Do Dubra Santa Comba, Negreira e A Baña Xuventude 2023 SSCS0108 / Atención sociosanitaria a persoas no domicilio 2
Lugo Concello de Ribadeo Barreiros Tecendo Coidados SSCB0110 / Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais 3
Lugo Concello de Ribadeo Barreiros Tecendo Coidados SSCS0208 / Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais 2
Ourense Mancomunidade Municipios da Comarca de Verín   Mancomunidade de Verín VII AGAF0108 / Froitocultura 2
Ourense Mancomunidade Municipios da Comarca de Verín   Mancomunidade de Verín VII SSCS0208 / Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais 2
Ourense Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense   Manco Xove VI AGAR0208 / Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas 2
Ourense Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense   Manco Xove VI SSCS0208 / Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais 2
Pontevedra Concello de Redondela   Redondela TIC III ARGG0110 / Deseño gráfico para a comunicación 3
Pontevedra Concello de Redondela   Redondela TIC III HOTR0108 / HOTR0508 / Hostalería 1-2
Pontevedra Concello de Valga Moraña Xóvenes Moraña-Valga II AGAO0108 / AGAR0309 / Forestal 1-2
Pontevedra Concello de Valga Moraña Xóvenes Moraña-Valga II EOCB0208 / EOCB0208 / EOCB0209 / Albanelería 1-2
Pontevedra Concello de Vigo   Formaweb IFCD0210 / IFCT0109 / Desenvolvemento aplicacións con tecnoloxía Web, seguridade informática 3
Pontevedra Concello de Vilagarcía de Arousa   Labora Xove 2023 AFDP0109 / AFDP0209 / Socorrismo en espazos acuáticos 2
Pontevedra Concello de Vilagarcía de Arousa   Labora Xove 2023 ENAE0108 / ENAE0111 / Enerxías renovables 1-2
Pontevedra Concello de Vilanova de Arousa   Vista Real IX AGAO0208 / Xardinería 2
Pontevedra Concello de Vilanova de Arousa   Vista Real IX IFCT0409 / Implantación e xestión de elementos informáticos sist.domóticos / inmóticos 3
Pontevedra Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo   MAIV Garantía Xuvenil 2023 ADG0210 / Creación empresas medioambientais e turísticas 3
Pontevedra Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo   MAIV Garantía Xuvenil 2023 ARGG0110 / IMSV0209 / Deseño gráfico e produtos multimedia 3

 

Acceso á convocatoria

Por último, a continuación se dispón do enlace para acceder á publicación da convocatoria para maior información.

Convocatoria Programas duais de emprego persoas mozas