A SEAGA (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.) vén de publicar a apertura do prazo de actualización de méritos por parte das persoas integrantes das listas previas e/ou, de ser o caso, das novas persoas candidatas a ser incluídas nas mesmas, de acordo co disposto nas bases xerais para a selección de persoal temporal da entidade.

Actualización de méritos por parte das persoas integrantes das listas previas e/ou  de novas persoas candidatas a ser incluídas nas mesmas

A apertura do prazo para a presentación da documentación de actualización e de novas persoas candidatas, farase para as seguintes listaxes previas:

  • Enxeñería de Montes
  • Enxeñería Agrónoma
  • Enxeñería Técnica Forestal
  • Enxeñería Técnica Agrícola
  • Enxeñería de Camiños, Canles e Portos
  • Enxeñería Técnica de Obras Públicas
  • Arquitectura
  • Arquitectura Técnica
  • Capataz
  • Xefe/a de Brigada
  • Maquinista-condutor/a
  • Peón Especialista
  • Peón
  • Oficial Administrativo/a
  • Auxiliar Administrativo/a
  • Dereito
  • Bioloxía
  • Técnicos/as de Laboratorio
  • Titulado/a en Ciencias do Mar
  • Económicas

Documentación a presentar

O proceso de cualificación das novas persoas candidatas, e actualización de méritos dos integrantes das listas previas, axustarase ao disposto nas bases xerais e bases específicas da correspondente convocatoria para cada categoría profesional:

  • No caso de integrantes das listas previas que só desexen actualizar méritos, estes deberán achegar a documentación acreditativa dos mesmos que se axusten ao recollido nas bases específicas para a correspondente categoría profesional.
  • No caso de novas persoas candidatas, estas deberán achegar a documentación que para cada categoría profesional se recolle no apartado "Solicitudes" das correspondentes bases específicas.

A actualización dos méritos serán computables ata o día 30 de setembro do 2022.

No caso das persoas traballadoras que prestaran ou presten servizos en SEAGA a esa data, a actualización de méritos correspondentes aos períodos traballados nesta empresa efectuarase de oficio por parte de SEAGA.

Modificación de ámbitos e/ou perfís

O mesmo prazo rexerá para as persoas candidatas que estando inscritas nalgunha lista previa desexen modificar o ámbito territorial ou perfil profesional.

Lugar de presentación

As solicitudes ou actualización de méritos dirixiranse ao Director-Xerente de SEAGA, e a súa presentación poderase facer por tres vías:

1. Nas oficinas de rexistro de SEAGA.

De luns a xoves, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 17:30 horas, e os venres en horario de 9:00 horas a 14:00 horas, sitas en:

  • Polígono Industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela

Nas oficinas de rexistro de SEAGA, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, sitas en:

  • Estrada N. VI, Km 581, 15640 Guísamo - Bergondo (A Coruña). 
  • Polígono do Ceao, Rúa dos Carros, parcela 17, 27003 - Lugo
  • Pol. San Cibrao das Viñas, Sector C, Rúa Ricardo Martín Esperanza (Rúa 1) Parcela I-G Nave 3, 32911 - San Cibrao das Viñas (Ourense). 
  • Lugar Cabanas-Salcedo, nº 54, 36143 - Pontevedra

2. Nas oficinas do Organismo Estatal de Correos mediante correo certificado con acuse de recibo (debendo, neste caso, no mesmo día de presentación da solicitude, remitir vía correo electrónico a seleccion@epseaga.com a acreditación de dita presentación, que comprende tanto o resgardo acreditativo do envío que se entrega o cliente por parte do Organismo Estatal de Correos como a copia da solicitude ó proceso de selección).

3. Electrónicamente, desde a sede electrónica da Xunta de Galicia empregando o modelo co código PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado. En destinatario deberá seleccionar Consellería do Medio Rural e a continuación Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA). Indicar que os documentos aportados por este medio deberán contar co correspondente código de verificación electrónica. No caso de que a documentación que se presente sexa un documento orixinal en papel ou que carece de sinatura electrónica e/ou validación electrónica, deberá presentarse nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia a efectos de acreditar que é copia electrónica auténtica do documento.

Prazo de presentación

O prazo de presentación e actualización de méritos estará aberto ata o 4 de novembro de 2022.

Máis información tamén no seguinte enlace:

Portal web SEAGA