OFERTA DE PRAZAS DE TROPA E MARIÑEIRÍA

O Ministerio de Defensa ven de publicar a oferta de prazas do ciclo de selección para o ano 2024 para o ingreso nos centros militares de formación na escala de tropa e mariñeiría segundo a resolución 452/38013/2024 publicada no BOE 27 de 31 de xaneiro.

Ofértanse un total de 3.976 prazas, distribuídas do seguinte xeito:

  • 2.846 para o Exército de Terra
  • 550 para a Armada
  • 580 para o Exército do Aire

As bases da convocatoria pódense atopar nos seguintes enlaces, podéndose solicitar cita previa para participar no proceso ata o 20 de febreiro de 2024:

Publicación BOEMáis información

Do total de prazas convocadas:

90 prazas da Armada (Corpo Xeral) teñen destinos en unidades da zona norte (Ferrol, Tuy, Marín, San Sebastián e Bilbao).

12 prazas do Corpo de Infantería de Marina teñen destinos en unidaes de Galicia (Tercio Norte - Ferrol).

3 prazas da especialidade de Música do Corpo de Infantería de Marina (Ferrol e Marín). 

Os requirimentos xerais para poder optar a estar prazas é posuír a nacionalidade española (ou ter en vigor a Tarxeta de Residencia Temporal ou de Longa Duración en España e nacionalidad dun dos 18 países que poden optar exclusivamente ás prazas para estranxeiros), ter entre 18 ee 29 anos, carecer de antecedentes penais e estar en posesión dun nivel de estudios mínimo correspondiente ao Título de Grao en ESO ou equivalente.

As persoas aspirantes que cumpran os requisitos poderán participar no proceso de selección que se realizará nos correspondentes centros das Subdelegacións de Defensa. Para elo, deben solicitar cita previa a través da páxina web do Ministerio de Defensa.

Cita previa

Para atender á resolución de dúbidas e consultas, o Ministerio ten habilitados os seguintes servizos de atención telefónica: 902 432 100| 913 089 798 

E co obxecto de completar a oferta de emprego público para o ingreso nos centros docentes militares de formación para incorporarse ás escalas de tropa e mariñería, realizarase un segundo ciclo de selección, cuxas prazas serán publicadas posteriormente, para o que se poderá solicitar cita previa para o proceso selectivo entre o 7 e o 27 de xuño, e que dará lugar á incorporación aos centros de formación o vindeiro 4 de novembro.