Apertura do prazo para a confección dunha lista interna de contratación da Consellería do Medio rural en caso de esgotamento das listas reguladas polo Decreto 37/2006, 2 de marzo. A devandita listaxe estará en vigor ate que se incorporen novas as persoas ás listas elaboradas polo Decreto 37/2006, momento no cal estas listas quedarán sen validez.

Postos ofertados

  • Bombeiro/a Forestal Xefe de Brigada
  • Bombeiro/a Forestal Condutor/a de Motobomba

Requisitos específicos

Bombeiro/a Forestal Xefe de Brigada:

a) Posuír a titulación de Técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos, Técnico superior en xestión forestal e do medio natural, Técnico especialista en explotación forestal, rama agraria, Técnico especialista en aproveitamentos forestais e conservación da natureza, rama agraria, ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentar un documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

b) Carné de conducir B

c) Coñecemento do idioma galego que se acreditará mediante o Celga 4. Así mesmo poderase acreditar por calquera outro título equivalente ao anterior debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Bombeiro/a Forestal Condutor/a Motobomba:

a) Posuír a titulación de graduado en ESO, graduado escolar ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentar un documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

b) Carné de conducir C.

c) Coñecemento do idioma galego que se acreditará mediante o Celga 3. Así mesmo poderase acreditar por calquera outro título equivalente ao anterior debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Persoas interesadas

As persoas interesadas en participar deben enviar a documentación que se solicita antes do día 02/07/2024 a través do modelo de solicitude xenérica PR004A na Sede electrónica da Xunta de Galicia ou nas Oficinas de Asistencia en materia de Rexistro.

Lugar

Centros dependentes da Consellería do Medio Rural nas provincias de Pontevedra, A Coruña, Ourense e Lugo.

Prazo

Prazo de solicitude: ata o 2 de xullo de 2024

Acceso Bases e convocatoria Acceso sede electrónica PR004A