IEBT
Se túa idea de negocio ten contidos innovadores ou tecnolóxicos, poderías beneficiarte de diversas axudas se se califica como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica o IEBT. Esta cualificación, que corresponde á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pode axudarche a conseguir un apoio extra, dado o especial interese deste tipo de iniciativas.
A través deste programa de apoio a Consellería busca fomentar este espírito innovador emprendedor, principalmente no ámbito do persoal investigador e as persoas tituladas universitarias, nas distintas áreas de coñecemento (científico, técnico ou nas humanidades).
As axudas se centran en catro liñas diferentes:
-
A primeira está centrada na creación directa de emprego estable.
-
A segunda está destinada a apoiar o inicio e posta en marcha da actividade que requira a IEBT.
-
A terceira liña de axuda céntrase no apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
-
E a cuarta está dirixida ao apoio á función xerencial.
Ademais, as persoas emprendedoras solicitantes contan co especial apoio das universidades públicas galegas, que dispoñen de persoal especializado para poder asesorarche na elaboración do plan de empresa e no lanzamento da actividade innovadora, contando cunha rede específica para asegurar as mellores perspectivas de éxito e consolidación.
Se queres saber máis sobre como é o proceso para obter a cualificación dunha iniciativa como IEBT, accede no seguinte enlace á infografía informativa do mesmo.
Infografía sobre a cualificación como IEBT
Tamén tes neste enlace a ficha do procedemento na Sede Electrónica da Xunta de Galicia e obtén toda a información actualizada:
Se o que queres é solicitar unha axuda para unha IEBT, accede neste enlace á Sede Electrónica, que dispón de toda a información:
Convocatorias de axudas ás IEBT
"As IEBT permiten consolidar iniciativas emprendedoras de alto valor engadido e cun nivel tecnolóxico moi elevado, apoiándose no coñecemento e no valor da experimentación" |