A economía social a través das cooperativas, sociedades laborais e os centros especiais de emprego supoñen un xeito distinto de desenvolver proxectos empresariais, máis apegados nun conxunto de valores máis próximos a fins sociais, tendo demostrado un excelente comportamento en canto a resultados e sustentabilidade.

Nas dúas publicacións seguintes poderás coñecer en maior detalle os principais aspectos que fan das cooperativas e das sociedades laborais unhas fórmulas de especial interese para darlle forma a túa idea de negocio:

Acceso á publicación Coñece a fórmula cooperativa (en galego)   Acceso á publicación Coñece as sociedades laborais (en galego) 

Dende a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade apoiamos a este tipo de iniciativas nos que a propiedade está en mans do seu propio persoal, as persoas socias traballadoras, procurando un emprego estable e de calidade a través de diversos programas de axudas para facilitar a súa posta en marcha e consolidación. 

Froito deste apoio xurde a Estratexia galega de Economía Social que podes atopar no seguinte enlace:

Acceso á Estratexia de economía social (en galego)

Para poñer en marcha a túa iniciativa de economía social, para ter apoio ou asesoramento, para estar ao día das últimas novas neste sector, coñecer outras experiencias e compartir as túas ou para potenciar a creación de rede, accede a Rede Eusumo:

Portal web da Rede Eusumo

Dentro desta Rede Eusumo tamén se elaboran contidos e documentación de apoio para coñecer e axudar a valorar o papel das cooperativas, como o que podes consultar no seguinte enlace, no que se fai referencia á figura da cooperativa como fórmula colaborativa de emprendimiento:

Acceso á publicación A cooperativa. Unha empresa 10 (en galego)

Queremos tamén achegarte o seguinte vídeo para que poidas coñecer máis de preto esta Rede:

 

Por último, no seguinte enlace poderás coñecer o Catálogo galego de entidades de economía social no que poderás consultar as entidades que actualmente forman parte deste sector tan esencial para a economía de Galicia:

Catálogo de economía social

"A economía social é unha fórmula máis interesante para potenciar a colaboración e a xeración de sinerxias na posta en marcha dun proxecto empresarial"