ATOPAR PERSOAS TRABALLADORAS EN EUROPA. EURES PARA EMPRESAS
A rede EURES (EURopean Employment Services) é unha rede de cooperación dos servizos Públicos de Emprego do Espazo Económico Europeo (EEE) cuxo obxectivo é facilitar a libre circulación de personas traballadoras entre os 27 Estados miembros da UE, Suiza, Islandia, Liechtenstein e Noruega.
A rede está composta pola Oficina Europea de Coordinación, as Oficinas Nacionais de Coordinación, os socios de EURES e os socios de EURES asociados. Ademais, calquera organización que preste servizos de emprego pode adherirse á rede como membro ou como socio:
A través do portal da rede e previo rexistro gratuíto, podrás anunciar postos de traballo, atopar persoas candidatas ou xestionar as persoas candidatas seleccionadas.
Nos seguintes enlaces podes obter máis información dos servizos para a túa empresa que ofrece EURES e a rede específica EURES Transfronteirizo Galicia - Norte de Portugal (G-NP):
Para que vexas mellor os servizos que lle pode ofrecer á túa empresa a Rede Eures Transfronterizo, podes ver o seguinte vídeo informativo:
Se queres saber se a ocupación que está a buscar a túa empresa está regulada noutros estados membro, accede á base de datos de profesións reguladas da Comisión Europea no seguinte enlace:
En calquera caso, no seguinte vídeo (con audio en inglés) podes obter máis información sobre como usar o portal web da Rede EURES:
Como podo informarme con máis detalle?
Existe una estrutura de conselleiras e conselleiros EURES en Galicia que che proporcionarán información á medida das túas necesidades sobre ofertas de emprego e condicións de vida e trabajo nos países de Europa.
Os conselleiros EURES de Galicia podes atopalos nos seguintes enderezos: