OFICINA VIRTUAL. Acceso con usuario
Se non tes DNI-e, certificado dixital ou Chave 365, para utilizar a oficina virtual necesitarás un identificador de usuario e un contrasinal. Para obtelos debes acudir persoalmente a túa oficina de emprego e solicitalos.
Ao poco tempo, recibiralos no enderezo de correo electrónico que indiques.
Busca aquí a oficina que estea máis preto do teu domicilio:
Unha vez dispoñas do usuario e o contrasinal, accede á páxina de inicio da Oficina Virtual:

Despois, no recadro "Usuario" debes introducir o identificador que che facilitaron na oficina de emprego a través do correo electrónico.
(Exemplo do correo no que se comunican os datos de acceso: "Xa pode acceder a Emprego Galicia dende internet. O seu nome de usuario é: D0000000A co contrasinal: xXxYxy")
No recadro "Contrasinal" debes introducir o que che facilitou a oficina de emprego a través do correo electrónico:
Ten en conta que neste recadro o sistema distingue maiúsculas de minúsculas.
A continuación preme sobre o botón etiquetado como "Acceder".
|
"Lembra: só terás acceso á oficina virtual se tes a túa demanda de emprego en situación administrativa de "Alta" ou se causaches "Baixa" fai menos de 10 anos" |