A través do presente aviso, Emprego Galicia, informa ás persoas usuarias de MOBEM acerca da súa política de privacidade dos datos persoais.
Protección de datos persoais
De acordo co Regulamento Xeral de Protección de Datos (RPGD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación deste, informámosche da existencia dun ficheiro no que se almacenan os datos da túa demanda de emprego.
Desde a Xunta de Galicia – Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, desexamos informarche aos efectos do previsto no Regulamento xeral de protección de datos persoais, que desde esta entidade e en base ao cumprimento dunha misión de interese público establecida polo Real Decreto Lexislativo 3/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Emprego, estamos a tratar os teus datos coa finalidade de remitirche información e comunicacións relativa ás nosas actividades de xestión de políticas activas de emprego e intermediación laboral.
Podes solicitar o acceso, rectificación e supresión dos teus datos ou comunicar a oposición ao seu tratamento, así como exercitar outros dereitos e obter información adicional no seguinte enlace:
Protección de datos
Permisos requiridos no dispositivo
MOBEM require un conxunto de permisos no dispositivo, relativos a identidade, contactos, emprazamento e outros, detallados no apartado Permisos deste enlace. Todos eles son necesarios para proporcionar servizos ás persoas demandantes de emprego:
MOBEM busca o emprazamento do dispositivo para enviala na renovación de demanda. Esto ven derivado do artículo 271 do texto refundido da Lei General de la Seguridad Social, aprobada polo Real Decreto Lexislativo 8/2015 de 30 de outubro (TRLGSS).
Como medida de seguridade, MOBEM rexistra os dispositivos que usa un demandante para conectarse. Por este motivo, MOBEM necesita consultar a identidade do teléfono. Ademais, a primeira vez que accedas dende un terminal móbil non rexistrado, MOBEM solicita o enderezo electrónico que teña rexistrado a persoa demandante na súa demanda de emprego en Emprego Galicia.
MOBEM usa o permiso de datos de chamada para abrir o teclado telefónico para a chamada ó 012 desde a pantalla de Información.
MOBEM usa os permisos de conta e identidade para usar os servizos de Google para a recepción de notificacións PUSH e para abrir o envío de email a emprego@xunta.gal desde a pantalla de información.
MOBEM necesita comprobar a conexión do dispositivo a Internet e abrir as conexións para o consumo de servizos externos.
MOBEM usa a vibración para a recepción das notificacións.
Información recopilada no dispositivo
MOBEM só require información da conta e do enderezo de correo electrónico da persoa demandante no Emprego Galicia.
Para coñecer como usa a información Emprego Galicia e como a comparte, pode consultar esta información no seguinte enlace
Aviso legal
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
EDIFICIO ADMINISTRATIVO SAN LÁZARO, S/N
15781-SANTIAGO DE COMPOSTELA
A CORUÑA-ESPAÑA
lopd.traballo@xunta.gal