Os puntos de información son ordenadores con teclado e pantalla espallados pola maioría dos concellos de Galicia e adaptados ás necesidades funcionais de todas as persoas demandantes. Permiten realizar certas xestións sen necesidade de desprazarse a unha oficina de emprego.

Puntos de información

Para facer uso deles, debes empregar o teu PIN ou acudir á túa oficina de emprego e solicitar a captura das túas pegadas dixitais e así darte de alta para o uso destes puntos de información:

Buscador de centros

Unha vez dada de alta a pegada dixital ou empregando o teu PIN, dende calquera destes puntos de información poderás renovar ou reactivar a túa demanda de emprego nas datas indicadas no teu DARDE, así como acceder ás ofertas de emprego en difusión ou ás páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego autonómicos e estatal.