Dentro dos seus servizos para persoas demandantes de emprego inscritas en Galicia, a Oficina Virtual ofrece a posibilidade de “reactivar” a demanda de emprego daquelas persoas coa demanda en baixa, sempre e cando se cumpran determinadas condicións.

IMPORTANTE: como consecuencia da situación xerada pola epidemia COVID-19 e para facilitar ás nosas persoas traballadoras a reactivación da súa demanda de xeito telemático, será posible reactivar a demanda de emprego independentemente da causa da baixa (colocación ou outras) e sempre que:

  • a dita baixa non sexa anterior aos últimos 3.650 días (10 anos) e

  • a inscrición anterior á baixa fose en Galicia.

Podes seguir os pasos para reactivar a túa demanda de emprego a través do seguinte vídeo:

 

 

Acceso á Oficina Virtual Emprego Galicia