PROGRAMA RETORNA CUALIFICA 2025 - EMPRESAS
A Xunta de Galicia continúa apoiando ás empresas con centros de traballo en Galicia para axudarlles na busca do talento que precisan para facer fronte aos seus retos futuros, ao tempo que se lles dá unha nova oportunidade ás persoas que tiveron que emigrar así como a súa descendencia, para regresar a Galicia e poder desenvolver un proxecto de vida nesta comunidade. Para iso cómpre facilitar que as persoas interesadas en retornar a Galicia dispoñan tanto de información como de formación que lles permita contar cunha oferta de traballo e chegar a Galicia coa garantía da súa inserción laboral. Estes son precisamente os obxectivos do Programa Retorna Cualifica Emprego.
Por iso, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pon en marcha o Programa Retorna Cualifica Emprego coa publicación da Orde do 29 de novembro de 2024 (DOG núm. 236 do 09/12/24) pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas a realización do Programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025.
A través das entidades beneficiarias das subvencións deberase levar a cabo o desenvolvemento do Programa na súa integridade, é dicir, desenvolverán as accións para permitir o regreso de 200 galegas e galegos menores de 55 anos residentes no exterior e que irá acompañado dun plan personalizado de cualificación e empregabilidade así como de recursos de formación e a formalización do correspondente contrato de traballo, incluíndo axudas económicas para atender as súas primeiras necesidades en Galicia e para facilitar o seu acceso a unha vivienda en aluguer.
A continuación tes información adicional na infografía explicativa que se ten deseñado para o Programa:Infografía informativa
Para máis información podes acceder ao portal do Programa a través do seguinte enlace:
PROGRAMA RETORNA CUALIFICA 2025 - ENTIDADES XESTORAS
O Programa Retorna Cualifica Emprego centra o seu desenvolvemento na aposta decidida da Xunta de Galicia por dar ás persoas que tiveron que emigrar, así como á súa descendencia, a oportunidade de regresar a Galicia e poder desenvolver un proxecto de vida nesta comunidade.
Para iso, cómpre facilitar que as persoas interesadas en retornar a Galicia dispoñan tanto de información como de formación que lles permita acadar a posibilidade de contar cunha oferta de traballo e chegar a Galicia coa garantía da súa inserción laboral.
Sendo así, a Xunta de Galicia ten publicado a Orde do 29 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025, posibilitando así contar co apoio de entidades xestoras do programa, que serán as entidades que levarán a cabo o seu desenvolvemento na súa integridade.
Para ser entidades xestoras, deberán ser entidades xurídicas privadas que cumpran os requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e que, ademais, reúnan as seguintes condicións:
a) Que carezan de fin de lucro. Considerarase que tamén carecen de fin de lucro aquelas entidades que desenvolvan actividades de carácter comercial, sempre que os beneficios resultantes destas se invistan na súa totalidade no cumprimento dos seus fins institucionais non comerciais.
b) Que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, segundo se establece na Orde.
A dita publicación da Orde pódese consultar no seguinte enlace:
Para rematar, afondando na información para este tipo de entidades, a través do seguinte botón pódese acceder á infografía informativa realizada:
Programa de colaboración para a difusión das ofertas de emprego
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, dentro da súa proposta de achega de valor ás empresas e entidades que están a buscar persoas candidatas para os procesos de selección que teñan abertos en cada momento, pon en marcha unha canle de colaboración a través dun sistema para dar a máxima difusión das ofertas de emprego promovidas por aquelas.
Esta canle, materializado a través da sinatura dun protocolo de adhesión ao sistema de difusión de ofertas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia, achega ás entidades e empresas empregadoras a posibilidade de aunar esforzos e aumentar as canles de información para atopar candidaturas que cumpran cos requirimentos das entidades oferentes, utilizando tanto a rede de oficinas de emprego de toda a comunidade autónoma, como as canles propias do portal de emprego da Consellería, do portal Empléate do Sistema Nacional de Emprego e do portal EURES da Unión Europea.
Trátase con elo de que todas as ofertas de emprego que se promovan en Galicia conten coa máxima difusión e capacidade de visibilidade para que ninguna quede baleira e sen candidaturas, facilitando o desenvolvemento das persoas traballadoras e aumentando o número de persoas ocupadas no seu ámbito.
Ao mesmo tempo, a Consellería porá tamén ao servizo da súa difusión as Intranets da rede de oficinas de emprego e do Servizo de Orientación Laboral, así como a rede social LinkedIN, comprometéndose en todo caso a pór a súa disposición todos os seus recursos persoais, materiais e tecnolóxicos para obter candidaturas axustadas aos postos de traballo ofertados.
Por outra banda, a entidade debe comprometerse a promover a achega de ofertas de emprego ao Servizo Público de Emprego de Galicia e a dar a correspondente información sobre o estado das mesmas para que os contidos e postos difundidos estean sempre actualizados.
Para participar nesta iniciativa, a entidade deberá cubrir o seguinte formulario e, trala súa verificación, proceder á sinatura do protocolo de adhesión como o modelo que se achega tamén a continuación.
Modelo do protocolo de adhesión
Programa Bono Talento Empresa 2025
O Programa Bono Talento Empresa é unha nova liña de axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en liña coas “microcredenciais” da Axenda de Capacidades Europeas, polo que está cofinanciada nun 60% polo FSE+.
Financia proxectos de formación non formal mediante a realización de hasta 3 cursos ou accións formativas de curta duración (entre 16 e 100 horas) que teñan como obxectivo mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento profesional das persoas traballadoras dos centros de traballo en Galicia, onde se deberán desenvolver as actividades formativas subvencionadas.
Nas dúas convocatorias anteriores destas axudas (2023-2024 e 2024-2025) un total de 145 empresas puideron beneficiarse destas axudas, ás que se lle concederon un total de 276 cursos, para un total de 1.602 persoas traballadoras en activo desas empresas..
Nova convocatoria Bonos Talento 2025-2026
- Publicada no Diario Oficial de Galicia o 11 de xullo de 2025.
- Prazo de presentación de solicitudes: do 18 de xullo ao 15 de setembro.
- Prazos de realización das accións formativa se xustificación das accións formativas:
Acción formativa | Prazo realización | Prazo xustificación |
---|---|---|
Anualidade 2025 |
Do 12 de xullo de 2025 Ao 31 de outubro de 2025 |
Ata o 15 de novembro de 2025 |
Anualidade 2026 |
Do 1 de novembro de 2025 Ao 30 de setembro de 2026 |
Ata o 15 de outubro de 2026 |
Estas axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito: 2.000.000 €.
Para máis información sobre esta liña de subvencións:
Páxina web Bonos Talento Empresa
Por último, para completar a información anterior, acompáñase unha infografía resumo para facilitar a súa comprensión.
RELACIÓN EMPRESAS CON CONVENIO
A continuación se detalla a relación de empresas que actualmente teñen subscrito un convenio de colaboración para prácticas non laborais coa Consellería de Emprego, Comercio e Igualdade:
[Para facilitar a busca dos datos do teu interese, utiliza a caixa de busca (que busca en todas as columnas o texto que introduzas). Tamén podes ordear as columnas por orde alfabético (da A á Z, pulsando unha vez no título da columna que desexes ordear, ou da Z á A. se pulsas dúas veces no título da columna que desexes ordear).]
EMPRESA QUE SUBSCRIBE | CENTRO/S TRABALLO | CONCELLO | PROVINCIA |
GLEEVI, GLOBAL FREELANCE SERVICES, S.L. | OURENSE | OURENSE | OURENSE |
GARCÍA Y CHANS, S.L. | A CORUÑA | A CORUÑA | A CORUÑA |
GRUPO INDUSTRIAL VALIANT 2017, S.L. | PEREIRO DE AGUIAR | PEREIRO DE AGUIAR | OURENSE |
I MAS D CAPACITACIÓN PROFESIONAL S. XXI S.L. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | SANTIAGO DE COMPOSTELA | A CORUÑA |
Última actualización de la información presentada: xullo de 2025